A Coordinadora para a Prevención e Denuncia da Tortura (CPDT) presentou o seu relatorio anual sobre os casos de malos tratos, tortura e mortes sob custodia policial, en que os casos documentados en 2017, un total de 1.014, triplica o número de persoas afectadas a respecto do ano anterior debido, en grande medida, ás cargas do 1 de outubro en Catalunya. Na Galiza a CDPT documenta 7 situacións e 12 persoas afectadas.

 

Toortura

Na presentación do relatorio “A Tortura no Estado español en 2017”, a CPDT quixo salientar que este ano escolleu Barcelona para dar a coñecer o estudo para polo grande impacto que tivo a intervención da Policía española e a Garda Civil durante o referendo do 1 de outubro, que ademais contribuíu a alcanzar o máximo histórico de persoas afectadas pola represión policial, desde que se iniciou a recompilación de datos, en 2004

A CPDT recolle un total de 224 situacións en que se produciron «agresións, torturas ou malos tratos» que afectaron un total de 1.014 persoas. No 2016 houbera 117 episodios que afectaran un total de 259 vítimas.

Segundo apunta a Coordinadora, non foron contabilizadas todas as denuncias de torturas e malos tratos presentadas en 2017 no Estado español. Algunhas tiveron de ser excluídas  «a petición das persoas afectadas, e outras porque a información recibida era insuficiente ou non estaban totalmente contrastadas».

Na presentación púxose de relevo que Catalunya foi a comunidade con máis denunciantes, un total de 619, nun centenar de episodios diferentes. O relatorio, que recolle datos de todo o territorio español, sitúa en segundo lugar de afectación Ceuta, con 117 vítimas, e en terceiro lugar Melilla, con 102 denunciantes. En Galiza documentan un total de 7 casos e 12 persoas afectadas.

O documento tamén recolle os casos de morte sob custodia policial. Distingue entre as acontecidas en privación de liberdade (36 persoas) e as que se produciron noutros espazos (un total de 19 persoas), incluíndo neste último apartado tanto a vía pública, como o mar ou o domicilio particular, cando as mortes son o resultado dunha intervención do FSE españolas.

Laia Serra, avogada e vogal da Comisión de Defensa dos Dereitos da Persoa do Colexio de Avogados de Barcelona, afirmou que, aínda que a Policía española tiña un mandato xudicial para actuar o 1 de outubro, «había formas menos lesivas e máis compatibeis cos dereitos humanos».

Ver aqui o Relatorio.