Human Rights Watch, a organización internacional de defensa dos dereitos humanos, asegura que “a policía española utilizou forza excesiva cando se enfrontou a manifestantes en Catalunya usando porras para atacar persoas que non representaban ningunha ameaza”. Para elaborar o relatorio falou con vítimas e testemuñas das cargas e revistou probas fotográficas e médicas, xa que HRW recibiu moitas alegacións de persoas afectadas que denunciaron os feitos.

 

Vídeo de Human Rights Watch

A ONG polos dereitos humanos asegura que compre unha “investigación efectiva” da actuación policial e recomenda que se faga através “dun organismo internacional independente” tendo en conta as tensión actuais entre o goberno catalán e o español. Aliás, HRW di que a UE e os estados europeos “terían que deixar claro publicamente que calquera uso da forza há de cumprir coas leis nacionais e a normativa europea de dereitos humanos”.

“Talvez a policía tiña a lei da súa parte para aplicar unha orde xudicial, mais iso non lles daba dereito a utilizaren a violencia contra manifestantes pacífica/os”, asegura o experto de HRW encarregado do relatorio, Kartik Raj.

Finalmente, o relatorio salienta que houbo 893 persoas feridas apesar de “o ministro do Interior español facer referencia só aos feridos que eran membros dalgun corpo policial”.

Consultar aqui o relatorio de HRW.

Fonte: El Nacional (12/10/2017)