En 2017 divulgouse un vídeo gravado en Valencia en que podía verse un axente do CN de Policía esbofeteando unha muller mentres o seu compañeiro contemplaba a actuación sen obxectar. Os funcionarios foron identificados e aos dous foi aberto expediente informativo. En 2016 varios axentes do CNP actuaron sen identificación algunha nunha carga en Riazor. Denunciada a infracción, aportadas as imaxes, a Xefatura Superior de Policía arquivou o caso por falta de evidencias.

 

 

Compre lembrar que a gravación e divulgación de imaxes de axentes policiais no exercicio das súas funcións non é prohibida. É prohibida a utilización das imaxes cando dá lugar a situacións de perigo para os funcionarios e/ou as súas familias,  ou de forma que menoscabe a súa honra.

Pois ben, a gravación dunha desas “actuacións isoladas” en que membros das Forzas e Corpos de Seguranza se extralimítan na “defensa do cidadán” fixo posíbel que o CNP identificase ambos os funcionarios e iniciase expediente informativo. Motivo polo que é moi recomendábel gravar calquera actuación policial que se observe, e se, caso considerarse que algo é incorrecto, esas imaxes poden ser enviadas ao colectivo Dereitos Civis (activate@dereitoscivis.net) para a súa publicación de maneira axeitada.
Resulta realmente abraiante comprobar como o CNP de Valencia foi capaz de identificar os funcionarios involucrados apesar da mala calidade da gravación. É  evidente que foi unha reacción áxil e digna de ser louvada. Oxalá que a resolución tamén o sexa.
E esa reacción fáise ainda máis digna de louvor se temos en conta que a Inspección de Persoal e Servizos de Seguranza rexeita de forma reiterada as denuncias contra funcionarios baseadas en gravacións e imaxes publicadas nos medios de comunicación alegando que poderían estar manipuladas.
E é aí onde Valencia crúzase coa Coruña. No 2016 varios funcionarios actuaron sen identificación nunha carga en Riazor.

Presentada queixa pola actuación, a Xefatura Superior de Policía alegou que non se evidenciara a existencia de infracción disciplinar algunha e procedeu ao arquivo do expediente.

Contestación da Xefatura Superior de Policía de Galiza

Tendo en conta a resposta podería parecer que o CNP mostrou interese na Queixa e iniciou algún tipo de expediente para coñecer o acontecido. Porén, como xa se dixo, a Inspección de Persoal e Servizos de Seguranza non é moi receptiva á hora de tramitar denuncias en que se aporten como proba imaxes publicada nos medios de comunicación, e non parecía probábel que a Xefatura Superior de Policía actuase de forma máis garantista. Por ese motivo foi necesario continuar indagando sobre a investigación realizada.

Nunha nova contestación o Corpo Nacional de Policía seguiu buscando dar a imaxe de que se tiña realizado algún tipo de investigación que permitise chegar á conclusión de que “non se evidenciou a existencia de infracción disciplinar algunha”. Nese sentido a Dirección Xeral da Policía remitiu a seguinte contestación ao Defensor del Pueblo:

Unha resposta que non esclarece o motivo polo que se considerou non haber infracción disciplinar na ausencia da identificación obrigatoria. Algo que fixo que o Defensor del Pueblo reclamase máis información e, sorpresa!!!! O Xefe da VII Unidade de Intervención Policía de Galiza limitouse a ollar a imaxe e chegou á conclusión de que non era posibel comprobar se o funcionario portaba a identificación, nin sequera a identidade dos mesmos.

Das indagacións realizadas podemos concluír que a Xefatura Superior de Policía na Galiza é capaz de chegar á conclusión de que un funcionario, que non foron capaces de identificar, non cometeu infracción ao non portar a identificación obrigatoria a pesar de que, afirman, non foron capaces de apreciar se portaba ou non a identficación na foto presentada como proba.

Outra cuestión curiosa é que o CNP non solicitou ningunha subsanación ou mellora para poder identificar o funcionario ou averiguar se portaba a identificación. Limitouse a arquivala e afirmar que non se evidenciou a existencia de infracción disciplinar algunha.

Para rematar, e de aí ven o titular deste post, como é posíbel que a Policía Nacional de Valencia sexa capaz de identificar o funcionario denunciado mais a Policía Naciona da Coruña non?

Unha persoa mal intencionada poderá pensar que non houbo interese. Mais iso sería prevaricación.