Resultado de imagem para javier fernandez los piratas absolucion

 

O propio axente agora absolvido declarou no seu día que a súa intención era disparar o tiro a unha perna, mais “a falta de puntaría e preparación fixo que acabase no tórax do músico, perforándolle a vea cava e causándolle a morte”.

A sentenza absolutoria non é unha sorpresa para a familia nin para a acusación particular. A familia segue mantendo que os efectivos de urxencias desprazados á vivenda eran coñecedores da doenza mental do falecido e que as lesións que presentou o axente agredido non se corresponderon cunha situación de risco para a súa vida. O xuíz titular do Penal 2 de Pontevedra considera que non houbo delito de homicidio imprudente por parte do garda civil que disparou, senón unha actuación proporcionada.

Os avogados das tres acusacións particulares, que representan a viúva e mais o fillo do músico, os seus pais e o seu irmán están de acordo en recorrer contra a sentenza. Teñen agora dez días de prazo para facelo.

Fonte: CRTVG