Enrique López, un do tres xuíces da Audiencia Nacional que condenaron o rapeiro Valtonyc a tres anos e medio de cárcere, é acérrimo inimigo do independentismo, discrepra coa Lei de Memoria Histórica e, ademais, ten os seus surtos homófonos. Recentemente, por exemplo, asinou unha artigo no xornal La Razón en que expresa todo o seu rexeitamento ás formacións independentistas e critica que non poidan ser ilegalizados.

“Antes de 1995 concibíase unha asociación como ilegal cando, entre outros fins, perseguáin ‘a destrución da orde xurídica, política, social ou económica, ou o ataque, por calquera medio, á soberanía, á unidade ou independencia da Patria, á integridade do seu territorio ou á seguranza nacional’, hoxe xa non”.

Lamenta, pois, que debido a unha mudanza legal agora poidan existir partidos independentistas activos.

Mais non é a única pérola deste individuo, que alá por 2005 comparou o matrimonio homosexual coa zoofilia ou a poligamía. Díxoo desta maneira: “Chamar matrimonio á unión de persoas do mesmo sexo é unha mudanza radical”. E a seguir engadiu que sería parecido á unión “de máis de dúas persoas” ou “dun home e un animal”.

En 2007, o xuíz conservador -franquista, máis ben- expresou publicamente as súas dúbidas acerca da Lei de Memoria Histórica e, un ano despois, no contexto da posta en liberdade de De Juana Chaos, dixo que o mellor sería implementar a cadea perpetua.

De dominio público é que Enrique López foi partícipe de actividades na Fundación para el Análisis e los Estudios Sociales (FAES), dirixida polo ex presidente do Goberno español, José María Aznar.

Compre lembrar que Enrique López foi proposto polo PP para ser vogal do Consello Xeral do Poder Xudicial. Ademais, as súas relacións co partido franquista permitíronlle obter até tres ascensos, uns dos cales o levou a ser maxistrado do TC.

Fonte: Insurgente