Hoxe, 5 de abril, declara a única persoa investigada por cortas as vias do AVE en Girona. Á espera de como se materializa a ameaza das fiscalía de abrir accións penais polas últimas mobilizacións, continúan os procedementospor desordes.

Mobilización ao redor da Estación de Sants contra o procedemento polo corte das vias no 8 de novembro

 

Primeiro chegou o ’informe de la Guàrdia Civil cunha lista de “responsábeis” dos Comités de Defensa de la República (CDR) para o xuiz Llarena. Despois, as declaracións do PSOE, o PP e Ciudadanos comparando os CDR coa kale borroka e tildándoos de movemento violento. E acto contínuo,o anuncio, por parte da Procuradoría da Audiencia Nacional española, de dilixencias previas polos cortes de tránsito e a abertura de portaxes das autoestras no pasado fin de semana. A nota pública acúsaos de pretender a “subersión da orde constitucional” e apunta que poderían constituir delitos de “rebelión”, “malversacion” e “outros delitos contra a orde pública”. Os CDR responderon rapidamente ao que consideran “tentativas de criminalización” cun comunicado en que subliñan que “lles dá medo porque practican o pacifismo activo como método de transformación social”.

 

Até agora foran abertos diversos procedementos polos cortes de estradas e vias de tren durante as greves e paros do 3 de outubro e o 8 de novembro, mais en todos os casos por “desordes públicas

 

Embora a propia constitución española, no seu artigo 21, recolla o dereito a reunión e manifestación, sempre que for “pacífica e sen armas”, por vez primeira, ábrense dilixencias previas na Audiencia Nacional española contra os CDR, por acción pacíficas e sen armas. Até agora foran abertos diversos procedementos polos cortes de estradas e vias de tren durante as greves e paros do 3 de outubro e o 8 de novembro, mais en todos os casos por “desordes públicas”. O Código Penal atribúe este delito a quen “actuando en grupo ou individualmente mais amparándose nel, alterar a paz pública executando actos de violencia sobre as persoas ou sobre as cousas, ou ameazando outros con facelo”. Os Comitès non se cansan de repetir que en ningún caso houbo violencia, e lles dan a razón diversos autos xudiciais. Norma Pedemonte, portavoz de Alerta Solidària, organizción antirepressiva que dá apoio a algunhas das persoas investigadas, lembra que todos os cortes s eproduciron no cadro dunha greve e que en ningún caso houbo danos materiais. Historicamente, durante as greves como em mobilizacións diversas, como as dos mineiros ou os agricultores -coas tractoradas- foi utilizado o bloqueo da circulación como unha ferramenta do protesto.
Os cortes do AVE e os Túneis de Vallvidrera

Hoxe 5 de abril está citada a decclarar a única persoa que, de momento, é investigada por coaccións e desordes públicas pola ocupación das vías do AVE en Girona, no 8 de novembro, durante a greve. O avogado Benet Salellas non fecha as portas a ningunha posibilidade. Coa abertura de dilixencias por parte da Procuradoría da Audiencia Nacional, explica, tanto podería ser que acabesen demandando a inhibición a todos os xulgados para concentar os casos, como que a Procuradoría fixase unha data de inicio que excluíse os feitos de novembro. Para demandar a absolución do xironí, hoxe está convocada unha manifestación na praza de Vi ás sete do serán.

 

Cortes das vías do AVE en Girona no 8 de novembro / Ariet

 

Apesar das dúbidas, compre sinalar que o procedemento que afectaba máis persoas polos cortes de vías acabou arquivado. Eran 51 membros dos CDR de Igualada, a Conca d’Odèna e o Bruc os que tiñan sido citados a declarar polos cortes da A-2 durante as manifestacións dos días 3 de outubro e  8 de novembro.

Tendo en conta o antecedente, a avogada de Irídia Anaïs Franquesa espera que o proceso que afeca 16 persoas máis de La Floresta acabe igual. O mesmo atestado policial especifica que só se cortou o acceso aos Túneis de Vallvidrera durante unha hora e que non houbo ningún tipo de violencia. Unha das persoas que participaron na acción matiza que convocaron o corte desde o Bloc Florestà , un colectivo que aglutina veciños e veciñas da zona, mais que na faixa tamén aparecía CDR Sant Cugat. Seis das investigadas xa foron citadas a declarar e o resto delas terán que declarar  no mes de maio. A participante asegura que todo foi pacífico, e que in situ ninguén foi identificado, senón que as “identificacións foron feitas a partir de madrículas aleatorias de algúns vehículos que estaban no parking”.

 

Como no caso de La Floresta, no do corte de vías na Estación de Sants de Barcelona o auto dá por acreditado que non houbo ningún tipo de violencia nin de danos
Como en Girona, en Barcelona o 8 de novembro tamén foron ocupadas as vías do AVE na Estación de Sants. O xulgado de instrución 24 arquivou a causa contra nove persoas por desordes públicas e coaccóns, mais a procuradoría recorreu e a causa foi reaberta. O avogado Jordi Busquets concreta que o auto se remete ao artigo 385 do Código Penal específico sobre as vías férreas, que atribúe penas de prisión de seis meses a dous anos para quen “orixine un grave risco para a circulación”, “colocando na vía obstáculos imprevisíbeis, esvaciando substancias escorregadías ou inflamábeis ou mudando, substraindo ou anulando a sinalización ou por calquera outro medio”, ou “non restablecendo a seguranza da vía cando teña obrigación de o facer”. A maioría das persoas citadas a declarar no pasado 26 de marzo fixéronno e a xuíza non ditou orde de detención, senón que fixou unha nova data, o próximo 3 de maio. Como no caso de La Floresta, o auto dá por acreditado que non houbo ningún tipo de violencia nin de danos, mais a xuíza solicitou unha valoración económica por parte do Adif e Renfe dos atrados dos comboios.

Desde que naceron, poucas semanas antes do 1 de outubro, os CDR puxeron énfase na natureza non violenta das súas accións. De forma pacífica, conseguiron protexer os colexios electorais no día do referendo e convocaron, xunto con outras organizacións e entidades, a mobilización do 3 de outubro e do 8 de novembro. Organizados asembleariamente, funcionan con autonomia en cada vila, bairro ou cidade, ainda que en moitas ocasións realizan accións coordinadas, con levantamento de barreiras nas portaxes de diferentes autoestradas durante a operacón de volta de Semana Santa.

GEMMA GARCIA

Fonte: La Directa