O Tribunal Constitucional sentencia que a Policía está obrigada a informar as persoas detidas detidos, por escrito e antes do interrogatorio, dos feitos que lle son atribuídos e das razóns obxectivas sobre as que se apoia a súa detención.

 

Resultado de imagem para arresto policia

 

A Policía está obrigada por lei a informar as persoas detidas, por escrito e antes do interrogatorio, tanto dos seus dereitos como dos feitos que lle son atribuídos e das razóns obxectivas sobre as que se apoia a detención. Así o ditaminou o Tribunal Constitucional do maxistrado Conde-Pompidu nunha sentenza que sinala que non informar adecuadamente sobre as razóns da acción policial supón unha vulneración dos artigos da Constitución que garanten o dereito á liberdade e á seguranza persoal.

No entanto, este dereito recoñecido agora polo Constitucional non implica que a persoa detida poida ter acceso a todo o contido do atestado policial xa que “unicamente cobra sentido e se recoñece o acceso a aquelas (actuacións policiais) que sexan esenciais para impugnar a legalidade da detención”.

O Constitucional estima así o recurso de amparo dun home a quen a Policía non informou de forma suficiente sobre as razóns polas que fora detido
O Tribunal Constitucional estima así o recurso de amparo dun home a quen a Policía non informou de forma suficiente sobre as razóns polas que fora detido. Os feitos producíronse após a detención do recorrente, xunto con outros mozos, pola súa suposta participación nunha liorta en que houbo varios feridos. Despois de ser detido, foi informado dos seus dereitos e indicóuselle que o arresto se debía á súa suposta participación nun delito de lesións e á súa presenza no lugar dos feitos. O avogado que lle foi asignado solicitou a súa comparecencia perante o xuíz (habeas corpus), despois de a Policía negarlle o atestado, mais o Xulgado de garda rexeitou iniciar o procedemento.

Con esta sentenza, o Tribunal declara nulo o auto do xulgado de garda que denegou o inicio do procedemento de habeas corpus e esclarece que o motivo non é por non haber motivos para deter o recorrente, que os había, senón porque non foron comunicados nin ao detido nin ao seu avogado, polo que impediron ao recorrente preparar ben a súa defensa durante o interrogatorio policial.

Reforma da Lei de Axuizamento Criminal

A sentenza sinala que a Constitución “recoñece expresamente a toda persoa detida o dereito a ser informada de forma inmediata e de modo que lle sexa comprensíbel non só dos dereitos que a asisten, senón tamén das razóns da súa detención”.

Trátase, ademais, da primeira sentenza que o Tribunal dita desde que foron incorporadas á Lei de Axuizamento Criminal (LECrim) as directivas europeas dirixidas a garantir os dereitos das persoas detidas. Após a reforma de 2015, a LECrim recoñece as persoas detidas o dereito a seren informadas “do procedemento” que poden seguir para recorrer a súa detención e o dereito “de acceso aos elementos das actuacións que sexan esenciais para impugnaren a legalidade da detención”.

Fonte: Público