Policías españóis obrigaron no pasado fin de semana a retirar adhesivos co emblema da senyera a algúns vehículos de persoas da Catalunya Norte ao pasaren pola portaxe de Jonquera. Os propietarios dos vehículos, con placa francesa, mostráronse sorprendidos diante das inhabituais medidas dos axentes españóis. O xornal L’Independant, que informa dos feitos, recolle tamén os testemuños dalgunhas persoas afectadas que aseguran ser esta “a primeira vez” que se ven en tal  situación.

control jonquera - acn

 

No caso dun residente en Perpinyà, os axentes examinaron a documentación e, despois de inspeccionar o vehículo, pedíronlle tirar o distintivo. Como nun primeiro momento se negou, os axentes trouxeron unha navalla e obrigáronno a retiralo.

Os condutores están indigandos xa que, na Franza, o adhesivo é legal e non ven motivo ningún para ter de o retirar ao pasaren a fronteira.

Fonte: El nacional