«Me llama al otro medio».Son palabras dun dos responsábeis da Policía Nacional que interveu na operación policial para evitar a celebración do referendo do 1-O no Instituto de Educación Secundaria Víctor Català de Barcelona. No audio, o responsábel policial atende a comunicación dun axente que participou nas cargas no centro de votación. Pregúntalle se necesitan reforzos e, ante a resposta negativa, instao seu compañeiro a chamar “ao outro medio”.

 

 

 

 

Cinco das persoas que sofreron violencia policial no Víctor Català denunciaron os feitos no xulgado de instrución 7 de Barcelona, co apoio do Concello como acusación popular. No 17 de xullo o xulgado decidiu arquivar 43 denuncias presentadas por diversas persoas lesionadas pola actuación da policía española en seis colexios electorais da cidade no 1 de outubro, entre elas as das persoas que estaban no Víctor Català. O consistorio xa avanzou que recorrerá contra o arquivo e o tenente da alcaldia Jaume Asens asegura que tamén pedirán explicacións pola utilización de máis dun canal de comunicación entre os axentes da policia española. “En ningún momento nos comunicaron que había dous canais”, asegura en declaracións a La Jornada. “As conversas entre os axentes proban que había un segundo medio para comunicaren entre eles através do cal podían ser dadas ordes supostamente delituosas”, acrecenta.

O Víctor Català é apenas un dos colexios electorais en que os axentes antidusburbios da Policía española carregaron para retirar as urnas e o material electoral relacionado co referendo, igual que no CAP Guinardó. Neste caso, as comunicacións entre os axentes tamén reflecten a existencia “doutro medio” para comunicaren entre eles, paralelo á radio policial ,tal como pode comprobarse noutro audio a que tamén tivo acceso La Jornada.

 

 

 

«Todas as comunicacións rexistradas”

Os audios forman parte das dilixencias abertas polo xulgado de instrución número 7 de Barcelona despois das denuncias apresentadas por diversas persoas lesionadas pola actuación da Policía Naciona en seis colexios electorais da cidade no 1 de outubro. O xulgado requereu información  ao corpo policial e a Dirección Xeral da Policía facilitou ao xuiz dous DVD co contido de “todas as comunicacións rexistradas” no canais da Prefectura Superior de Policía no día do referendo.

Iso é o que di a Dirección Xeral da Policía en escrito dirixido ao xulgado de instrución que acompañaba a entrega do material requerido. Concretamente, a policía española tiña que entregar os audios e as transcripcións das comunicacións entre o director do Gabinete de Coordenación e Estudos da Secretaría de Estado de Seguranza e os comandantes, entre os propios comandantes e entre os comandantes e os axentes que actuaron en 18 colexios electorais de Barcelona. A Policía Nacional no entanto non esclareceu cal é “o outro medio” a que fan referencia os axentes nin tampouco se o contido rexistrado nel foi entregado ou non ao xuiz.

Asens caifica a actitude da policia española de “manobra obstaculizadora” e argumenta que dispor de todos os audios das conversas policiais durante o 1-O é “básico” para avanzer na investigación.

ANDREU MERINO

Fonte: Jornada