O Consello de Europa cuestiona nun relatorio publicado hoxe a independencia do poder xudicial español. E concretamente critica a intervención politica no proceso de nomeamento e designación dos cargos xudiciais. Xustamente hoxe tornouve viral na rede o fragmento dunha conferencia da xuíza Mercedes Alaya do mes de xuño do pasado ano no Ateneo de Madrid, en que criticaba con dureza o control político do poder xudicial e cuestionaba o que tamén pon en causa o organismo europeo: a independencia do poder xudicial español.
⚠️🇪🇸 BRUTAL: La jutgessa Alaya, titular del jutgat número 6 des de 1998, denuncia que a Espanya NO EXISTEIX la independència judicial i que “PP i PSOE posen els jutges al seu interès”.
Que corri‼️ pic.twitter.com/AbixTNorlF
— CENSURAT NEWS (@MNAnoticies) January 2, 2018
‘A independencia do poder xudicial abala, de maneira extremamente grave, e nunha proporción aritmética os casos de corrupción política. Mais non toda a xente o percebe porque o xogo procesual é unha cousa moi subtil, que pasa despercebida á maioría das persoas porque o dereito é unha cousa pouco intelexíbel. O que aproveitan os poderes públicos […]. O poder xudicial está en crise, oestado de dereito está en crise”, afirmaba Alaya no mes de xuño.
Aqui a conferencia na íntegra:
Fonte: VilaWeb