O CNP abriu un expediente ao axente da policía española que onte agrediu, sen mediar motivo, o fotocornaliista Jordi Borràs.

 

Agressi Jorid Borrs

 

Asuntos Internos abriu un expediente informativo ao policía, que se manterá aberto á espera da resolución xudicial. Até este momento, non foi afastado das súas tarefas laborais. Como noutros casos onde hai implicados policías, o corpo non tomará ningunha medida disciplinar até non estar o caso fechado.

Os feitos aconteceron onte no bairro Gótico. O agresor gritou “viva Franco” e “viva España” e cmezou a bater no xornalista. Cando tentaron afastalo identificouse como policía mostrando a placa. O policía denunciou Jordi Borràs e explica a historia á inversa, que Borràs o increpou.

Hoxe ás 12h Borràs denunciou os feitos na Comisaría dos Mossos d’Esquadra de Lles Corts.

Os feitos

Jordi Borràs estaba a piques de entrar no estacionamento cando o policía ollou para el e recoñeceuno, e sen máis, gritoulle e comezou a bater nel. Borràs caeu ao chan e o policia tentou inmobilizalo ao tempo que berraba “policía, policía”. É neste momento cando o agresor di que el é policía e mostra a placa a unha das testemuñas que presenciaban o que acontecía ao tempo que tentaba sacalo de encima de Borràs.

Curiosamente, o propio policía tamén denunciou os feitos. Para o fotoxornalista, iso é un “mecanismo de defensa”.

“É absolutamente falso que eu o increpase ou o recoñecese”, dixo Borràs sobre as acusacións do policía, que asegura ter sido o fotoxornalista quen o recoñeceu e insultou cando o viu pola rúa. “Foi el que me recoñeceu a min e gritoume ‘viva España’ e ‘viva Franco’ e comezou a bater en min directamente”.

Sobre a navalla que apareceu no lugar dos feitos, Borràs non sabe cando a sacou o policía.

Borràs presentou esta mañá a denuncia e achegou os certificados médicos coas contusións no corpo e no nariz, que ten roto. Tamén comezaron a declarar as testemuñas que presenciaron os feitos. A primeira, unha veciña da zona, que foi citada polos Mossos este mediodía.

O fotoxornaliista fixo un chamamento a outras posíbeis testemuñas.

 

 

 

 

 

Fonte: El Nacional