A finais do pasado ano, cando o Estado Islámico era derrotado no Iraque e na Siria, un estudante de instituto de Texas de 17 anos, Martin Azizi-Yarand, abriu un fío de conversa on line. Encontrara na internet un compañeiro e discutían se marchar dos EUA para se uniren ao ISIS no estranxeiro ou levaren a cabo un ataque no seu nome nos EUA. “Cando chegue o momento irmán, quero que veñas// se estás disposto // só necesitamos afinar o plano”, dixo Azizi-Yarand nunha serie de mensaxes enviadas no 25 de Decembro.

Poucas semanas despois, Azizi-Yarand contou a outros individuos, que tamén encontrara através da internet, os seus planos para marchar do país con outras persoas. Utilizando o termo árabe hijrah, ou migración, díxolles, “eu e outros estamos planexando // quer sexa hijrah ou aquí // estamos dispostos á hijrah en Alá // só necesitamos fondos”.

 

Sen Azizi-Yarand o saber, ambos os eus interlocutores traballaban para o goberno

 

Sen Azizi-Yarand o saber, os seus dous interlocutores traballaban para o goberno. Un era un informador e outro un axente encuberto do FBI.  Outro seu coñecido on line, con quen tiña entrado en contacto en marzo, resultou ser tambén un informador. Os axentes do goberno documentaron todas as mensaxes que lles enviara Azizi-Yarand para construir o caso.

No 1º de maio, apenas cinco meses despois de os informadores teren recibido a primeira mensaxe de Azizi-Yarand, este foi arrestado no instituto de Plano, Texas. Acusado de preparar asasinatos e divulgar ameazas terroristas. O adolescente de 17 anos, que vivía cos pais en Plano, encara agora a posibilidade de pasar toda a vida en prisión. Nun comunicado en que anunciaba a súa detención, o FBI afirma que coordinou a detención coa policía local e acrecenta que “non ten coñecemento de ningunha outra ameaza relacionada con este arresto”.

Entre outras alegacións centrais para a investigación, o goberno afirma que Azizi-Yarand planexara executar un tiroteo masivo en nome do ISIS nun centro comercial de Texas. Dúas declaracións xuradas, feitas públicas no momento do arresto, afirman que enviou máis de 1.400$ aos seus compañeiros e supostos secuaces para comprar armas e equipamento táctico para o ataque.

O caso de Azizi-Yaranda toca un dos aspectos máis controvertidos da política do goberno relacionada coas operacións contra-terroristas. A xuventude e a participacíon de numerosos informadores e axentes encubertos na cilada tendida ao adolescente levanta cuestións sobre se Azizi-Yarand, como moitos outros adeptos estadunidenses do ISIS, terían sido capaces realmente de urdir un acto terrorista sen a axuda do goberno.

O banco de dados “Trial and Terror” segue o rastro dos procesos federais e Azizi-Yarand  é un dos poucos supostos terroristas que serán xulgados en tribunais estatais. Noutro caso similar, un adolescente de18 anos con discapacidade mental chamado Mahin Khan foi xulgado e condenado en 2016 nun tribunal do estado de Arizona por apoiar o ISIS. Con Azizi-Yarad, o goberno deixou claro que optara por un tribunal estatal porque este podería impor unha condena máis rigorosa. “Para a lexislación federal, Azizi-Yarand, con 17 anos, é menor de idade, mais segundo as leis estatais de Texas é adulto”, salientou a oficina local do Procurador Xeral nun comuicado. “A lexislación federal limita a nosa capacidade para declarar un menor como adulto a efectos da acusación, e portanto decidimos que unha acusación estatal sería máis adecuada para o caso”.

 

This photo provided by the Collin County District Attorney's office in Texas shows Matin Azizi-Yarand, a teenager from Plano, Texas, who has been charged with criminal solicitation of capital murder and making a terroristic threat. Azizi-Yarand is accused of planning a mass shooting at a mall inspired by the Islamic State terror group. He is being held Wednesday, May 2, 2018, at the Collin County jail in McKinney. (Collin County District Attorney's office via AP)Matin Azizi-Yarand, o adolescente de Plano, Texas, que está acusado de planexar asasinatos e representar unha ameaza terrorista.

 

O resumo máis amplo do caso do goberno contra Azizi-Yarand está recollido nas declaracións xuradas, que documentan como foi conducida a investigación sobre as súas actividades na internet. Non se describe como e estableceu o primeiro contacto entre Azizi-Yarand e o informador en decembro, mais o documento explica como as conversas do adolescente de 17 anos cunha serie de operativos gobernamentais culminaron nunha suposta trama para cometer un atentado terrorista en maio. Entretanto non se coñezan novos pormenores do caso, os expertos comezan a cuestionr se as tácticas usadas contra o xoven Azizi-Yarand foron adecuadas.

“Vimos noutros casos como, cando unha persoa vulnerábel se vé rodeada por outras maiores, informadores con ascendente sobre ela e axentes encubertos, resulta fácil manipulala para que acepte participar nunha trama que noutro caso nunca lle pasaría pola cabeza”, di Arun Kundnani, profesor de estudos sobre terrorismo na Universidade de New York. Afirma que os documentos deste caso que xa son coñecidos indican que Azizi-Yarand expresou dúbidas ou modificou a súa opinión sobre os planos varias veces durante a investigación.

“Todo o que temos é unha pequena amostra da extensa interacción de varios meses entre Azizi-Yarand e un mínimo de tres persoas ao servizo do FBI que o investigaban”, afirma. “Até termos visto todas as gravacións, é imposíbel descartar manipulación.”

Nas conversas que mantivo cos axentes gobernamentais, Azizi-Yarand dicía que quería viaxar para unirse ao ISIS nun dos territorios estranxeiros ou executar un ataque nos EUA co grupo. As ideias que expresaba aos informadores eran por veces dunha violencia preocupante. Soñaba con atacar obxectivos en América, mesmo potencialmente unha escola, un templo hindú, un centro comercial local. A certa altura, fantasiaba con empapar un policia con gasolina e mesmo con se inmolaren.

En medio a estas vacilacións sobre se marchar ao estranxeiro ou lanzar o ataque nos EUA, Azizi-Yarand comentou que aforrara diñeiro e que sería “un xenio cos nosos planos de jihad”. Tamén explicou nas súas comunicacións que falara on line con outras persoas sobre os seus planos, ainda que non está claro a quen se refería. Nunha mensaxe do 30 de marzo, dixo a un dos informadores: “Non serei mártir sen ti”.

Nunha mensaxe do 18 de febreiro de 2018, o axente encuberto sinalou a Azizi-Yarand que dúas semanas antes “tivera dúbidas”. Azizi-Yarand contestoulle que as súas dúbidas eran sobre o Islam, non sobre a loita. Nas seguintes semanas, segundo o goberno, comezou a facer planos máis concretos cos seus compañeiros de conspiración para conseguir munición, diñeiro e equipamento con que levar a cabo o ataque. Mesmo tirou fotografías dun centro comercial da localidade e comezou a escribir un manifesto, en que se declaraba que o ataque era en vinganza por os EUA “teren masacrado musulmáns con avións de combate e outro tipo de armamento”.

 

Despois de Azizi-Yarand e o informante se separaren, o adolescente continuou comunicando co seu grupo de conspiradores do goberno sobre o que preparaban supostamente para as próximas semanas, até ser arrestado no instituto a princípios do mes de maio

 

Os debates on line cos axentes do goberno levaron finalmente a un encontro persoal. En abril, Azizi-Yarand colleu un Uber para encontrarse co primeiro informador que coñecera na internet en decembro nun hotel. Discutiron o plano do ataque ao centro comercial, que, segundo Azizi-Yarand “non era difícil”, sería “coser e cantar”. Mesmo chegaron a percorrer o centro comercial en canto discutían o proxecto. Durante toda a conversa, Azizi-Yarand non paraba de enviar mensaxes a outro dos axentes do goberno -o axente encuberto que coñecera por internet- para o manter informado do que falaba co informador.Ao igual que acontece nos Estados Unidos con moitos outros casos relacionados co ISIS, a situación de Azizi-Yarand aparece toldada pola ambiguidade. No decurso dos cinco meses que durou a investigación, Azizi-Yarand oscilou entre tratar de encontrar a maneira de viaxar ao estranxeiro para unirse ao ISIS e facer declaracións sanguinarias sobre a súa intención de cometer actos violentos no seu país. Mais a súa idade e o tempo e recursos destinados á operación coloca dúvidas sobre até que punto os operativos do goberno envolvidos no caso poderían ter encoraxado o adolescente a converter as súas fantasías dixitais en realidade. A ausencia de ningún outro tipo de intervención que pudese ter evitado cargos criminais e unha condena potencial de cadea perpetua tamén apuntan a un enfoque particularmente agresivo das forzas da orde. Nunha entrevista con unha filial local da NBC que noticiou o arresto, o pai de Azizi-Yarand, Reza Azizi, afirmou non ter “ningunha pista” sobre o que o seu fillo facía na internet, e describiuno como “un bo rapaz” e un “bo estudante”.

 

O feito de a familia de Azizi-Yarand non ter tido noción durante meses de que o seu fillo pasara meses discutindo no seu computador sobre terrorismo con informadores do goberno é un ponto sensíbel para algúns expertos.

 

“Bantante difícil é xa para os pais saberen con quen se relacionan fisicamente os seus fillos, mais cando as axencias das forzas da orde recorren a operacións mesquiñas para cazar persoas moi novas na internet, controlaren o seu comportamento é ainda máis duro.” manifestou a The Intercept, Sahar Azis, experto en seguranza nacional na Rutgers Law School. “É mellor tratar os rapaces envolvidos en casos deste tipo como seres humanos que necesitan que os seus pais se involucren para mudaren o seu comportamento, antes que velos como monstros que deben ser encerrados en prisión de por vida”.

 

 

Fonte: The Intercept