A detención de xovens que non teñen a maioría de idade na Palestina é unha práctica habitual das forzas de ocupación israelitas. Actualmente 311 menores están en prisións de Israel. O caso de Ahed Tamimi deu visibilidade a esta práctica.

 

Hai unhas semanas viralizábase un vídeo en que Ahed Tamimi, de dezaseis anos esbofetea e dá pontapés a dous soldados israelitas durante unhas protestas contra a decisión de Dolad Trump de recoñecer Xerusalén como capital de Israel.

Os protestos dos habitantes de Nabi Saleh caracterizáronse pola resistencia non violenta contra a ocupación israelita e a construción do muro de apartheid que os priva dunha parte das súas terras. Mesmo así, a resposta do exército israelita é gas lacrimóxeno, balas de goma, cañóns de auga fétida e munición real. Outro aspecto que destaca nas marchas que son levadas a cabo cada sexta feira é a participación masiva de mulleres e crianzas. No discurso de lavaxe de cara de Israel sempre hai unha acusación machista contra a sociedade palestina -expresada através do concepto en inglés de purple washing- en que as mulleres son vistas como vítimas e os homes como agresores delas. Ben ao contrario, as mulleres da familia Tamimi son a imaxe viva que rompe con este discurso colonial e orientalista. Entre elas destaca a coraxe de Ahed Tamimi, unha rapariga de dezaseis anos, que en diversas ocasión plantou cara ás forzas de ocupación.

Ahed Tamimi, a heroína palestina

Desde ben pequena, a imaxe de Tamimi fíxose viral por unha fotografía en que aparecía desafiando co puño alzado un soldado israelita. En 2015, con 14 anos, voltou aparecer nas redes cando defendía o seu primo, Mohammad Fadel Tamimi, de 12 anos, de ser arrestado. E hai unhas semanas voltaba viralizarse un vídeo en que Ahed esbofeaba e daba pontapés a dous soldados israelitas que estaban nas proximidades dunha casa durante os protestos contra a decisión de Donald Trump de recoñecer Xerusalén como capital de Israel. Os mesmos soldados, minutos antes, dispararan contra Mohammad unha bala de goma que o impactou e se lle incrustou na cara, partíndolle o queixo. A operación a que o someteron os médicos durou 6 horas e os médicos explicaron que o impacto terá certamente consecuencias negativas para a visión e o ouvido.

 

Con apenas dezaseis anos, Ahed Tamimi está sendo procesada por un tribunal militar israelita que presentou unha lista de doce cargos contra ela, segundo o colectivo de apoio a persoas presas Addameer

 

Mesmo así, días máis tarde, Ahed Tamimi era arrrestada por un complexo dispositivo militar que asaltou a sáu casa. O arresto de Ahed deu inicio a unha serie de detencións contra membros da ´sua familia_ Nariman Tamimi, a na; Bassem Tamimi, o pai; Manal Tamimi, a tía; e Nor Naji Tamimi, a prima, voron captarados durante os días seguintes. Actualmente, Ahed e Nariman continúan sob detención administrativa nas prisións israelitas. E con apenas dezaseis anos están sendo procesada por un tribunal militar israelita que presentou unha lista de doce cargos contra ela, entre os cales agresión contra un soldado, incitación, lanzamento de pedras e interferir no traballo dos militares, segundo explica o grupo antirepresivo e de apoio ás persoas presas palestina Addameer nun comunicado.

Non é un caso isolado

No entanto, sob a capa da única democracia do Oriente Medio agáchase que a detención dunha raparita de dezaseis anos é apenas a punta do iceberg dunha política sistemática israelita que se aplica contra a populación palestina. A media de arrestos de menores de idade por parte das forzas de ocupación é de 700 cada ano; e nestes momentos 311 crianzas están encarceradas, segundo informa Addameer. A maioría destas crianzas padecen torturas e tratos vexatorios por parte das forzas de ocupación durante os traslados e o encarceramento como mostra a Organizaicón de Defensa das Crianzas Internacional-Palestina no relatorio No Way to Treat a Child.

Aliás, durante o tempo que pasan en prisión tampouco reciben un trato adecuado caso padeceren algunha doenza. É o caso de Ahmad Khdour, de 16 anos, arrestado no 2 de xaneiro. Ahmad padece leucemia, epilepsia e movemento reducido nunha man.

 

 

Desde ben pequena a imaxe de Tamimi fixose viral por unha fotografia en que aparece desafiando co puño alzado un soldado israelita. En 2015, con 14 anos, voltou aparecer nas redes cando defendía o primo, Mohammad Fadel Tamimi, de 12 anos, de ser arrestado.

 

 

Cada vez resulta máis difícil ser crianza palestina, xa que en agosto de 2015 o parlamento israelita, o Knesset, aprobou unha lei impulsada pola ministra de Xustiza israelita, Ayelet Shaked, para dar cobertura legal a unha práctica antiga. A lexislación israelita ampara a detención administrativa de menores, a quen se priva de educación e sanidade. Durante un período de tempo, que pode ser prolongado indefinidamente, poden encontrarse en réxime de isolamento sen recibiren visitas de familiares nin avogada/os- A situación é tan común que algunhas asociación como Lailac, no campo de persoas refuxiadas de Deheishe (Betlem), realizan actividades para tratar de ultrapasar o período de isolamento das crianzas e evitar que padezan graves secuelas.

A vergoña dun exército humillado

A prática arbitraria de arrestar menores de idade é utilizada polas forzas de ocupación para minar a resistencia palestina. Contodo, Ahed Tamimi enseñou ao mundo enteiro que non teñen medo ao ocupante israelita. Enfadando moito ao público israelita que viu como o exército mostraba debilidade diante dunha menor. Ben Caspit, un destacado xornalista de Israel, escribía nun artigo: “No caso das raparigas, terían de cobrar un prezo diferente, na escuridade, sen testemuñas nin cámaras”. Son comentarios moi común entre a sociedade israelita, mais que se agravan ainda máis cando se trata dunha rapariga de 16 anos.

Cunha listaxe de 12 cargos, Ahed Tamimi pagará un prezo moi elevado por plantar cara aos soldados que minutos antes dispararan contra o primo. O Ministro de Educación israelita, Naftali Bennett, suxeriu que “tería que pasar o resto da vida en prisión”, son palabras que fan crecer a vontade de vinganza da sociedade israelita e que poden ter consecuencia no xuízo posterior. No entanto, nesta altura, Ahed converteuse nunha heroína para moitas palestinas, o que servirá para encoraxar as xerazón futuras, así como visibilizar no ámbito internacional as vulneracións que padecen as crianzas palestinas. Iso, se o tratamento mediático o permite.

 

Ann Sansaor

Fonte: La Directa