Nunha época de esplendor relixioso e artístico na Galiza, no século XII, en Bembrive iniciouse a construción dun do tres únicos exemplos do románico que se conservan hoxe no municipio. A parroquia celebrou no pasado día 6 de maio os seus oitocentos anos cunha misa oficiada polo bispo da Diocese de Tui-Vigo, Luís Quinteiro Fiuza e o seu párroco, Jesús Barros, á que asistiu, como alcalde de Vigo, Abel Caballero.

 

 

Ante o acceso principal da que é unha das máis importantes mostras de arquitectura relixiosa da cidade, foi colocada unha oliveira e unha placa conmemorativa, que o bispo abenzoou logo após a liturxia. O alcalde, Abel Caballero, destacou “os 800 anos do románico, mostra de arquitectura sublime de Bembrive”.

O templo resultou pequeno para albergar todas as persoas que quixeron acudir a celebrar a efeméride. Entre elas a nova alcaldesa pedánea de Bembrive, Concepción Martínez, que no día seguinte tomou posesión do cargo.

Fonte: Faro de Vigo