Determinados partidos políticos, xuíces e medios acusan de practicaren a violencia líderes independentistas e sociais así como os CDR. Diante deste intento de criminalización repasamos diferentes métodos non violentos que foron empregados ao longo da historia.

 

Todas as ilustracións son de Júlia Abalde

 

“Nn só hai guerra, tamén resistencia á guerra; non só inxustiza, tamén rebelión contra a inxustiza; non só egoísmo, tamén entrega persoal; non só silencio diante da tiranía, tamén desafío; non só insensibilidade, tamén comprensión”. Coherente con esta premisa, o historiador estadunidense Howard Zinn explicou as outras historias co ánimo de fender a versión oficial. Nestes momentos, a “versión oficial” de determinados partidos políticos, xuíces e medios de comunicación no Estado español defende e repete que houbo e hai “violencia” nas diferentes mobilizacións polo dereito á autodeterminación do pobo catalán.

Por unha parte, trece líderes independentistas están procesados por rebelión, embora segundo a Constitución española, só podan ser culpábeis destes delitos “os que se alzaren violenta e publicamente”. Por outra, tanto o PP e Ciudadanos como o PSOE acusaron os Comités de Defensa da República (CDR) de accións violentas por cortas vias e levantar barreiras nas portaxes. E mesmo, na pasada semana, unha moza de Viladecans foi detida e levada á Audiencia Nacional española acusada de rebelión e terrorismo, e a Garda Civil, nun  relatorio dirixido ao xuiz Llarena sinala En Peu de Pau, ainda que o espazo precisamente ten a función de garantir o carácter pacífico das mobilizacións.

Tanto os partidos políticos e entidades soberanistas, como os mesmos CDR non se cansan de repetir que os protestos e mobilizacións foron sempre pacíficos. De feito, desde que enxeño empregado para facer posíbel o referendo, até as greves e grandes mobilizacións pola liberdade das presas e presos políticos, as accións estiveron sempre impregnadas de acción directa non violenta: non colaboración coa inxustiza, lexitimidade versus legalidade e accións transparentes, públicas, creativas e imaxinativas.

A partir desta receita, consciente ou inconscientemente, foi como un grande número de persoas, colectivos e movementos actuaron ao longo da historia. A bagaxe é vasta, rica e diversa, mais en todos os casos, a sociedade actuou coa vontade de transformar e, en todos os casos, empregou medios non violentos.

A seguir recuperamos algúns métodos, recollidos por autores como Gene Sharp, publicados na revista Quaderns d’Illacrua, que explican unha boa parte da bagaxe das loitas que conforman esta outra maneiera de explicar a historia.

A partir d’aquesta recepta, conscient o inconscientment, és com un gran nombre de persones, col·lectius i moviments han actuat al llarg de la història. El bagatge és vast, ric i divers, però en tots els casos, la societat ha actuat amb la voluntat de transformar i, en tots els casos, ha emprat mitjans no violents.

[Greve ou folga] Desestabilizar a engrenaxe do capitalismo

Podemos definir a greve como o paro da produción por parte dos traballadores e traballadoras para protestaren ou reivindicaren algunha cousa. Entendida deste xeito, pode dicirse que, greves, houbo desde a existencia das sociedades de clase (quer dicir, practicamente desde o nacimento da humanidade). Foi, no entanto, a partir da emerxencia do sistema de produción que coñecemos como capitalismo, caracterizado pola concentración de capital, a creación de grandes unidades de produción e o surximento do proletariado industrial, que a greve adquiriu o papel central no conflito social que hoxe figura no imaxinario colectivo.

 

 

A greve ilustra á perfección o principio de non cooperación: deixando de desenvolver as función que teñen atribuídas, as traballadoras poñen de relevo o seu papel imprescindíbel na cadea produtiva. Por este motivo, a greve bate no corazón da engrenaxe capitalista e evidenciou o seu papel capital non só á hora de conseguir melloras laborais, senón tamén para derrocar gobernos ou influir nas políticas gobernamentais. tamén por iso mesmo, ao longo de moitas décadas, a greve xeral revolucionaria figurou no imaxinario das clases populares como o instrumento que tiña de culminar a loita obreira e levar a unha sociedade sen clases. Ao longo da historia, foron postas en práctica diferentes modalidades de greve: greve de celo (consistente nunha aplicación estrita da normativa laboral que redunda nunha diminución da produción), greve á xaponesa (aceleración da produción ou sobreprodución), greve de brazos caídos (cun rendimento máis baixo desde o lugar de traballo) e greve selvaxe (aquela que se fai sen respectar a lexislación vixente sobre o dereito de greve). Despois do referendo do 1 de outubro, en Catalunya foron convocadas dúas greves, tamén chamadas paros de país -no 3 de outubro e no 8 de novembro-, para protestar pola represión e pedir a liberdade dos presos políticos.

[Boicote] A presión de negarse a participar, pertenecer ou comprar

Charles Cunningham Boycott administraba as terras do conde de Erne, na illa de Achill, na Irlanda. Cando Boycott se negou a rebaixar os arrendamentos aos labregos, o líder da Irish Land League propuxo unha alternativa non violenta para obrigar o administrador a cedere: suspender calquera tipo de trato con el. Os labregos negáronse a comprarlle ou venderlle nada e tamén a cultivar ou traballar na súa casa. A partir daquel acontecemento, The Times utilizou por vez primeira a palabra Boycott para describir a acción. Contodo, había xa máis de cen anos que este tipo de acción se practicaba na América do Norte, sob o nome de “non importación”, que consistía en rexeitar a importación de produtos procedentes da metróple británica.

 

 

O boicote só terá éxito se unha percentaxe elevada da poboación se une ao movemento. Cando é xeneralizado e a longo prazo, convértese nunha táctica de consumo ético.

O boicote económico converte o poder de compra das persoas que consomen nun verdadeiro poder social que se opón ao do adversario. O boicote social consiste en non colaborar con determinadas persoas ou acontecemento. Entre outros, poden ser boicotadas manifestacións deportivas, culturais, politicas ou encontros oficiais. O boicote aos autobuses de Montgomery (nos Estados Uidos) conseguiu dar cabo da segregación racial no transporte público. Nos anos oitenta, iniciáronse boicotes por todo o mundo contra empresas que colaboraban co apartheid na África do Sur -como Shell, Kellogg’s e Coca Cola- e contra eventos culturais e deportivos no país para protestar contra as políticas racistas. Acabou converténdose nun boicote total e precipitando a abolición do apartheid. En Barcelona, os boicotes aos tranvías dos anos 50 conseguiron anular a suba do prezo do billete.

[Obxección fiscal] As consecuencias do Non

A obxección de consciencia é a atitude de negarse a obedecer unha orde ou unha lei, sen examinar a súa lexitimidade xurídica, por unha motivación ética, política ou relixiosa. Se ben hai moitos tipos de obxección de consciencia, no noso país, a máis exitosa foi a obxección ao servizo militar. Quer dicir, recusarse a participar do servizo militar obrigatorio (a mili) por razons diversas: quer fose polo rexeitamento a calquera forma de violencia ou exército, porque non se recoñecía a autoridade do Estado sobre o individuo nin a idea de patria, ou ben para oporse á política dun goberno determinado. A finais do franquismo, un movemento de obxectores conseguiu o recoñecemento legal do dereito a non facer a mili por motivos de consciencia. A súa loita, seguida da loita dos insubmisos, que se negaban a integrarse no exército e tamén a facer a prestación social substitutoria, serviu para estender os principios da non violencia e conseguiu a abolición do servizo militar obrigatorio.

 

 

Moi ligado a este movemento, está a obxeccón fiscal aos gastos militares. Quer dicir, a disposición de non colaborar co Estado naqueles gastos de preparación das guerras e de mantemento da estrutura militar. Os obxectores fiscais pratican a desobediencia cando, ao faceren a declaración da renda, desvían a parte dos impostos que corresponden aos gastos militares para proxectos de solidariedade e de xustiza social. Alén destas maneiras, non podemos esquecer a obxección electoral (negarse a participar nun proceso electoral), a obxección laboral (negarse a fabricar un produto bélico ou nocivo), a obxección ética do persoal sanitario (desobedecer a normativa sanitaria), entre outras.

[Usurpación civil] A subversión interna

A estratexia da usurpación civil tenta subverter o sistema desde dentro e aproveitar as súas estruturas utilizándoas para obxectivos diferentes dos previstos polo sistema. Portanto, trátase de non facer caso das institucións que veñen de cima e seguir unha estratexia propia de desobediencia co obxectivo de construir un contrapoder rupturista de abaixo arriba. Ao longo da historia, diferentes colectivos aplicaron este método, desde o movemento obreiro clásico, co control obreiro da produción e o traballo en troca de facer greve, até o estudantil, que, en situacións de paro, por veces, optaron por autoorganizar as aulas e as materias.

Costuman ser procesos transitorios que, como toda loita, dependen do apoio social para triunfar. En calquera caso, permiten visibilizar que se pode funcionar dun xeito diferente e son unha boa aprendizase prática de xestión colectiva do poder. A grande escala, a estratexia da usurpación civil pode chegar a implicar a creación de institucións paralelas e, mesmo, o nacemento de gobernos na sombra. Un exemplo elocuente son as comunidades zapatistas, que, a partir do alzamento de 1994, traballaron para que as poboación liberadas puidesen satisfacer as necesidades básicas (terra, educación, sanidade, alimentos) a partir de gobernos autónomos, sen dependeren do estado e o sistema de partidos.

[Sabotaxe] De les sabates als grafits

Sabots é o nome francés para zocas de madeira tradicionais. No século XIX algúns operarios franceses optaron por colocar estas zocas entre as engrenaxes das máquinas en que traballaban para as danar e, desta feita, denunciar o desacordo coas decisións dos amos. Deste protesto, surxiu o termo sabotaxe, convertido nun método de loita estendido, sobretodo, no mundo sindical e laboral. A acción de sabotaxe ataca a violencia instrumental: a máquina (no sentido máis amplo) é a diana dos asaltos, como resposta diante da inxustiza social. Esta acción deliberada -que pode tomar forma de subversión, obstrución, interrupción ou destrución material- ten como finalidade debilitar o inimigo mediante o aumento dos custos de produción.

 

Ainda que a miúde foi tildada de violenta e coercitiva, as defensoras da sabotaxe alegan que só ten un obxectivo moratorio e de denuncia. Para elas, é un método de resistencia informal que pode desenvolverse en moitas variantes. En ocasións, tomou forma de ineficiencia organizada por parte das traballadoras e levou á práctica o dito “a mal pago, mal traballo”.  Dos piquetes aos asaltos de certos grupos ecoloxistas contra infraestruturas perniciosas, a sabotaxe comprende moitos tipos de accións. Algunhas son menos coñecidas, mais interesantes, como a sabotaxe cultural ou culture jamming , en que a arte e a performance serven para proxectar críticas no espazo público ou mediático. Banksy ou o colectivo Yes Men son exemplos paradigmáticos.

[Desobediencia civil] Da rúa ao parlamento

Desobedecer é levar a cabo un acto público, ilegal, non violento, consciente e politico co propósito de mudar unha lei ou os programas dun goberno. Actuar segundo os principios da desobediencia significa apelar ao sentido da xustiza da comunidade e declarar que non se respectan os principios de cooperación social entre persoas libres e iguais. A desobediencia civil é unha organización non institucionalizada de cidadáns e cidadás unidas por unha forte identidade moral colectiva a fin de promover valores mediante o consenso. As demandas non competen polo poder político e non utilizan a violencia política nin ningunha outra forma de coerción, senón que son vehiculadas através da persuasión non violenta, a construción de puntos de vista a partir da humildade intelectual e o desenvolvemento da capacidade de libre decisión individual.

Desobeir és dur a terme un acte públic, il·legal, noviolent, conscient i polític amb el propòsit de canviar una llei o els programes d’un govern. Actuar segons els principis de la desobediència significa apel·lar al sentit de justícia de la comunitat i declarar que no s’estan respectant els principis de cooperació social entre persones lliures i iguals. La desobediència civil és una organització no institucionalitzada de ciutadans i ciutadanes unides per una forta identitat moral col·lectiva a fi de promoure valors mitjançant el consens. Les demandes no competeixen pel poder polític i no utilitzen la violència política ni cap altra forma de coerció, sinó que es vehiculen a través de la persuasió noviolenta, la construcció de punts de vista a partir de la humilitat intel·lectual i el desenvolupament de la capacitat de lliure decisió individual.

 

 

Jürgen Habermas referíase á desobediencia como unha protesta moralmente fundamentada, argumentando que configura a vontade política colectiva de maneira non convencional. O movemento polos dereitos civis dos EUA é un exemplo paradigmático. Así, segundo Habermas, a desobediencia non rompe ou reorganiza a orde constitucional, senón que utiliza a violación de leis de maneira simbólica e calculada para comprometer a consciencia da comunidade e forzala a revisar os fundamentos de lexitimidade. Segundo este principio, a desobediencia civil desenvolve un papel innovador e corrector do sistema democrático, de maneira que a resposta do Estado e a capacidade de incorporar os principios reivindicados no proceso institucional convértense na proba de maturidade do propio sistema.

 

[Ocupación] Botar fora a inxustiza ocupando espazos públicos

A táctica da ocupación (sen k)  plantexa a obstrución, sen obstaculizar o paso, dun espazo público coa intención de denunciar un feito e presionar a administración para que actúe para resolvelo. O efecto da acción depende do número de persoas implicadas e de se se conta cun grupo de apoio o bastante potente para divulgar a información. Actualmente, no entanto, este tipo de accións poden ter un eco inmediato grazas á internet e ás redes sociais. Por outra banda, é unha táctica moi versátil no sentido que pode ser unha ocupación-manifestación por sorpresa coa idea de sensibilizar sobre unha determinada situación inxusta, ou ben unha acción máis meditada co obxectivo de chegar ao límite e buscar unha negociación.

 

 

A historia recente está chea de exemplos de ocupacións de todo tipo: durante a transición, diversas persoas xubiladas ocuparon o Instituto Nacional de Previsión de Barcelona para protestar polas baixas pensións (1976). Durante o goberno do PSOE, o cadro de persoal da naval Euskalduna ocupou a Bolsa de Bilbo para loitar contra a reconversión industrial (1984). A ocupación tamén pode ser un instrumento de solidariedade e apoio mútuo con persoas represaliadas cando o poder público fai ouvidos moucos.

[Greve de fame] O xexún por razóns políticas

Dous membros de Jubilats per Mallorca declaráronse en greve de fame durante o mes de marzo para protestar contra a política linguística do PP. Conseguiron facer chegar a denuncia ao Parlamento Europeo. Recentemente, diversas persoas fechadas no Centro de Internamento de Estranxeiros da Zona Franca de Barcelona fixeron greve de fame para denunciar a violencia que sofren. Máis recentemente, entre 1.500 e 2.500 prisioneiros e prisioneiras palestinas abandonaron a greve de fame máis masiva da historia despois de chegaren a un acordo co goberno de Israel para mellorar as condicións dentro das prisións.

 

 

Gandhi dicía que a greve de fame era a técnica non violenta máis difícil. En 1932, cando esta na prisión, levou a cabo unha sucesión de greves de fame para mellorar a situación da casta das persoas intocábeis. Gandhi popularizou internacionalmente esta práctica, que amiúde foi utilizada por aquelas persoas que consideran que é a única maneira que teñen de conseguir seren escoitadas, por exemplo, as presas. É unha acción que pon en risco a vida e, portanto, ha de ser froito da reflexión e ha de implicar unha grande preparación psicolóxica. A segunda grave de fame dos presos republicanos en Irlanda do Norte, en 1981, foi suspendida despois de morreren dous presos de fame, incluindo Bobby Sands, elexido deputado durante a acción. O xexún limitado por razóns políticas, xeralmente, dura entre tres e vinte dias e procura denunciar publicamente unha inxustiza e impactar sobre a opinión pública. Se a greve de fame é ilimitada pretende suspender a inxustiza.