O Xulgado núm. 4 de Reus arquivou a causa contra un mozo de Reus denunciado por desobediencia. Clonara a web do referendo do 1º de outubro e agora, segundo anuncia o colectivo Advocats Voluntaris 1 d’Octubre, o xuiz estima que “non aparece suficientemente xustificada a perpetración do feito”. A causa partira dun xulgado de Paterna (Valencia) a partir dun atestado policial com máis de vinte persoas investigadas.

O Xulgado inhibírase en favor dos órgaos territoriais correspondentes. No caso de Reus, o mozo investigado é un arquiveiro de 30 anos que se acolleu ao seu dereito a non declarar perante o maxistrado. Na mesma causa consta outro xoven de Tarragona que tamén se acolleu ao seu dereito a non declarar nin perante o xuiz, nin perante a policía.

Fonte: Yahoo Finanzas