A denuncia, interposta hai 6 meses polo Ministerio de Defensa (titular da propiedade do edificio), ficou definitivamente arquivada. O xulgado entende que nin o propietario (Defensa) nin o custodio (Concello) manifestaron intención de expulsar o centro social, nin acudiron a vías administrativas para a súa expulsión, polo que considera que a vía penal non é axustada ao proceso.

 

Con todo, deixa aberta a vía administrativa para proceder a un despexo.

Fontes xurídicas aseguran que, no caso de ningunha das dúas administracións afectadas presentar recurso, a vía penal ficaría definitivamente fechada e non podería ser aberta de novo. Isto é así por tratarse dun arquivo libre, non provisorio, o que o converte en definitivo. Con todo, un despexo por vía administrativa, ao tratarse dunha propiedade do estado, non requiriría orde xudicial e podería ser instado polas propias administracións en prazos temporais relativamente curtos.

Hai que lembrar que o Ministerio de Fomento resucitou un proxecto esquecido para ese predio, adxudicando 1.319.081 euros para unha obra cun tempo de execución de 18 meses (dos que xa pasaron mais de tres). Esta manobra, destinada a forzar o Concello a realizar un despexo, non só vai para adiante, se non que saíu a concurso e xa foron valoradas e calificadas as propostas, así que a adxudicación a unha construtora é practicamente inminente.

Ler máis.