el consejero de Bienestar Social, Daniel Ventura
 O Conselleiro de Benestar Social de Melilla, Daniel Ventura.- EFE

 

Ventura é o principal responsábel dos chamados “menas”, menores estranxeiros que chegan a Melilla fuxindo de contornos de pobreza, sobretodo de Marrocos, e procurando a oportunidade de chegar á Península. Unha parte deles son tutelados e acollidos polo Goberno da cidade, mais moitos outros viven na rúa agardando o momento de entrar clandestinamente nun ferry e probar sorte alén do Estreito. É o que chaman “facer risky”.

“Que os pais tivesen vido antes polo fillo e non polo seu cadáver”

 

Días despois de se coñeceren ambos os falecementos, José Palazón, da asociación Prodein, ocupouse de localizar familiares dos menores que, segundo el, están en Melilla para saber o que acontecera. Algo que non gostou nada a DAniel Ventura, quen esta terza feira aseguraba: “Non vou recibir os pais do falecido porque para que veñan a levar un cadáver que tivesen vido antes polo fillo”.

As declaracións, recollidas polo xornal Melilla Hoy súmanse a outras que fixo no Twitter e que tamém provocaron feridas.

O segundo menor falecido, Soufiane, perdera un pé ao caer dos baixos dun camión en que tentaba agacharse para entrar clandestinamente nun ferry con destino a Península. Nunha entrevista aseguraba querer estudar e traballar para enviar diñeiro á familia en Marrocos. Tamén explicaba o seu soño de ser rapeiro.

Mais, para Ventura, este rapaz pobre era apenas un drogadito: “Este rapaz falaba de que viña a España estudar e traballar e nin estudou nin traballou nunca, era un rapaz da rúa”, asegurou. Acrescentando que “os que estudan e traballan están facéndoo xa nos centros e están levando unha vida normalizada. Este rapaz, infelizmente, como outros moitos rapaces que hai na rúa, tiña problemas de drogadición”. “Se tivese chegado á Península cando perdeu o pé, tería seguido consumindo porque sair do consumo é moi difícil. Non pode vendernos a idea de que chegou a España apra traballar cando vivía no quebra-mar e consumía inhalantes a diraio”, sentenciou Ventura.

Ataque ao presidente de Prodein: “Vive da desgraza, da lama”

Ventura tamén tivo máis que dicir de Palazón, o presidente da Asociación Pro Derechos de la Infancia (Prodein), un activista que denuncia habitualmente a vulneración dos dereitos dos menores en Melilla e tamén dos Dereitos Humanos das persoas migrantes nos valos fronteirizos. Palazón, que denunciou a primeira morte dun menor internado no Centro de Menores Infractores Ciudad de Melilla e sinalou que fora hospitalizado despois de recibir unha malleira no centro, foi quen se ocupou de localizar o pai do segundo menor falecido e un familiar do primeiro, a quen o conselleiro se negou a recibir.

Para Ventura, o labor de Palazón é simples “postureo” cos menores. “Isto é o único que aporta José Palazón á cidade, alén de mentiras e calumnias. Desexo e espero que este señor, por lle chamar dalgún xeito, acabe no xulgado pagando cunha querela criminal logo que todo isto fique resolvido”, dixo esta terza feira. Para el, palazón “non existiría” se en Melilla non houbese “saltos no valado e crianzas na rúa”.

Fonte: Público