Após diferentes vaivéns na causa, a AN decidiu finalmente xulgar o presidente de Catalunya Acció por promover unha asobiada ao himno español na final de Copa de 2015. A denuncia contra Espot e as organizacións que promoveron a acción foi interposta por Vox e o Xulgado Central de Instrución da AN emitiu unha resolución en que considera que existen «méritos suficientes para esixir responsabilidade criminal» ao presidente da entidade, segundo informou esta formación onte.

O mediático asunto das pitadas nas finais de Copa de fútbol en que participan equipos vascos e/ou cataláns será levado finalmente a xuízo pola Audiencia Nacional. sentará no banco o presidente da entidade soberanista Catalunya Acció, Santiago Espot, sinalado por promover esa pitada nos prolegómenos do Barça-Athletic no Camp Nou en 2015.

O partido ultra Vox interpuxo unha denuncia contra Espot e as organizacións que promoveron a protesta do 30 de maio de 2015, e o Xulgado Central de Instrución da AN emitiu unha resolución na que considera que existen «méritos suficientes para esixir responsabilidade criminal» ao presidente da entidade, segundo informou esta formación onte.

A Fiscalía considera que había un «deliberado e firme propósito de menosprezar o xefe do Estado e o himno», xa que Felipe de Borbón asistiu ao partido celebrado en Barcelona, e remarca que ambos representan símbolos para os sentimentos nacionais españois.

A denuncia de Vox baseouse nos presuntos delitos de ultraxe a España, contra a orde pública, provocación ao odio por razón de orixe nacional, inxurias á Coroa e delitos relativos aos dereitos e liberdades, como o de asociación ilícita.

O instrutor pechara o caso dúas veces, mais unha instancia superior determinou que acabe en xuízo. A petición de pena aínda non se coñece.

Ler máis.