BLETXU VALEIRAS

A mordaza nos estadios deportivos –

Hai poucos días, no estadio da Cerámica de Vila Real, produciuse unha das máis ridículas actuacións da censura encadrada na lei contra a violencia no deporte. A policía española requisou unha bandeira do Athletic de Bilbao pola súa aparencia “case anarquista”. A mesma mantiña as cores habituais do club de fútbol e engadía a letra A (Athletic) dentro da letra C (Club), o cal podía incitar a violencia, segundo a ilustre opinión dos axentes.


BLETXU VALEIRAS

Que mañá non sexa eu, nin os meus… nin os outros

Nos últimos tempos vemos como no Reino de España (e colateralmente no país galego) están a “reconquistar” cota de pantalla, tempo de radio, presenza en artigos, visibilidade nas rúas e até presenza nas institucións, diversos movementos de extrema dereita. Hogar Social, Fundación Francisco Franco ou VOX…


BLEXTU VALEIRAS

Presunción de inocencia, especie en extinción?

Di a RAG que presunción de inocencia é “a que se debe manter, mentres non haxa sentenza condenatoria, contra a persoa a quen se lle imputa un delito”. Todas temos moi claro que esta é unha das bases fundamentais de calquera sociedade democrática. Mais como toda sociedade (e mesmo toda democracia) é imperfecta, vemos que o que presumimos como dereito básico é supostamente esquecido tanto polas administracións como pola cidadanía.