Represión na Coruña: vergoña e indignidade

O estado reforzou a súa autoridade pasándolle a tesoira aos dereitos civís, sociais e políticos. No corsé dun Código Penal endurecido, e elaborado contra a disidencia cabe o esencial. E para o demais foi que se creou o caixón de sastre da chamada Lei Mordaza.