INDÍCIOS DE DELITO

INDÍCIOS DE DELITO

Acollendo-se ao Direito de Petición do Art. 29 da Constituición Española, o Movemento polos Dereitos Civis dirixiu-se ao Ministério Fical solicitando esclarecimento sobre as razóns da diferente atitude deste Ministério en situacións aparentemente similares. A perplexidade do MpDC ten a sua orixe na decisión do Fiscal Xefe do Tribunal Superior de Galiza de arquivar as dilixéncias abertas a raiz das denúncias apresentadas polas declaracións de Enrique López Veiga sobre un suposto “aumento notable” do património de alguns políticos galegos no exercício do seu cargo, actuación que contrasta abertamente con a decisión do Fiscal Xefe do Tribunal Superior de Catalunya de abrir dilixéncias para investigar a veracidade das afirmacións do President da Generalitat sobre o suposto pagamento de comisións a políticos cataláns pola adxudicación de obras (o famoso 3%).


PROTOCOLO À CONVENCIÓN CONTRA A TORTURA

PROTOCOLO À CONVENCIÓN CONTRA A TORTURA

O Consello de Ministros autorizou hoxe a asinatura do Protocolo Facultativo à Convención contra a Tortura e outros Tratos ou Penas Cruéis, Desumanos ou Degradantes.

O 18 de Decembro de 2002, a Asemblea Xeral das Nacions Unidas aprovou o Protocolo Facultativo à Convencion contra a Tortura e Outros Tratos ou Penas Cruéis, Desumanos ou Degradantes. Fixo-o por unha maioria de 127 votos a favor, catro en contra (EE.UU. Illas Marshall, Nixéria e Palau) e 42 abstencións. O Protocolo ficou aberto à asinatura e adesión de todos os estados o 4 de Febreiro de 2003. Para entrar en vigor, precisa-se a ratificación de 20 estados.


DENÚNCIA CONTRA DOUS AXENTES COMPOSTELANOS

DENÚNCIA CONTRA DOUS AXENTES COMPOSTELANOS

O pasado dia 31 de Decembro de 2004, Francisco Xabier Fernández del Buey, presidente da Asociación PreSOS Galiza, apresentou denúncia contra dous Axentes da Policia Municipal de Santiago de Compostela no Xulgado de Instrución desta cidade.

Os feitos que se denuncian aconteceran o dia anterior, 30 de Decembro, cando unha discusión entre o condutor dun veículo e un viandante provocou a actuación dos axentes municipais. Unha actuación inxustificadamente violenta (o viandante foi imobilizado, alxemado e deitado no chao) que levou o Presidente da Asociación PreSOS Galiza a dirixir-se aos axentes para tentar deter a agresión. Intervención a que os funcionários encarregados de facer cumprir a lei responderon con ameazas e insultos: “ti sempre tocando o carallo… e fodendo a actuación policial”, “es un advogaducho de merda, defensor de causas perdidas”, “agora vamos denunciar-te a ti por obstaculizar o lavor policial”, “se non te calas imos deter-te a ti, ten cuidado”, etc.