2 anos e 6 meses por piadas no Twitter sobre atentado contra Carrero Blanco

"ENALTECEMENTO DO TERRORISMO"

2 anos e 6 meses por piadas no Twitter sobre atentado contra Carrero Blanco

A Fiscalía pide 2 anos e 6 meses de cárcere para unha moza de 21 anos pola parodia realizada na súa conta de Twitter sobre o xeneral franquista Carrero Branco en relación co atentado de ETA. O auto sinala que "este usuario con perfil de Twitter contén graves mensaxes de enaltecemento ao terrorismo" e acusa a moza dun "delito de humillación ás vítimas do terrorismo".


“Liberdade de expresión. A volta ao silencio”. Vídeo de EsCULcA

DA LEI CORCUERA Á LEI MORDAZA

“Liberdade de expresión. A volta ao silencio”. Vídeo de EsCULcA

EsCULcA publica o seu primeiro vídeo sobre dereitos e liberdades: "Liberdade de expresión. A volta ao silencio". Unha reflexión sobre a progresiva erosión do dereito da sociedade a expresar libremente ideas, opinións, reclamacións. Da Lei Corcuera á Lei Mordaza pasando por a lei de violencia no deporte, as sucesiva reformas do código penal ou diferentes ordenanzas municipais.