Marcha ao cárcere de Teixeiro, concentraçom, ceia e concerto

DENÚNCIA DO SISTEMA PENITENCIARIO

Marcha ao cárcere de Teixeiro, concentraçom, ceia e concerto

O próximo 14 de janeiro, às 12:00 horas, partirá do km. 63 da N-435 a marcha ao cárcere de Teixeiro que se leva a cabo todos os anos para denunciar o sistema penitenciário. Pola tarde, às 17:00, está convocada umha concentraçom na zona do Obelisco da Corunha com o mesmo lema. Já pola noite, às 21:00 haverá ceia e concerto no CSOA A Insumisa (frente ao quartel Atochas).


Goberno central cometeu desviación de poder na multa a unha edil do PSdeG

PROTESTARA CONTRA RECHEO NA PRAIA GRANDE DE MIÑO

Goberno central cometeu desviación de poder na multa a unha edil do PSdeG

A concelleira C.M. fora multada con 301€ por protestar xunto con outras persoas contra o recheo da Praia Grande de Miño con area procedente do porto exterior da Coruña impulsado polo Goberno español e o Concello que consideraban prexudicial para a costa. Cando comezaron os traballos, protexidos pola Garda Civil, foron "pedir explicacións" e reclamar o seu cesamento.


Boletín Electrónico de EsCULcA – Xaneiro 2017

noticia
Terá lugar de 20 a 22 de Janeiro, em Compostela
ESCULCA: curso gratuito em segurança e privacidade digital para activistas

Em ESCULCA consideramos que nom é possível exercer as liberdades civis e políticas quando a actividade militante e a expressom dissidente som sistematicamente vigiadas, registadas e controladas polo poder.