Casualidades

As secuelas do último atentado terrorista en Alemaña non deixan de sorprender a calquera que seguise a evolución dos acontecementos a través dos diferentes medios. Xa resulta verdadeiramente estraño que un camión poida desviarse do seu rumbo e entrar por unha vía céntrica de Berlín sen que a sempiterna policía —de tráfico, local e doutro tipo (lembremos que media Europa está en situación de alerta máxima pola cuestión xihadista)— non poida facer nada, non para paliar o accidente, algo que resultaría complicado e difícil, pero si para identificar o condutor e incluso detelo.