A UE declara ilegais leis de vixilancia no Reino Unido

HACKEO MASIVO DE TELÉFONOS E COMPUTADORES

A UE declara ilegais leis de vixilancia no Reino Unido

Despois de o Reino Unido aprobar en novembro a Investigatory Powers Bill, o Tribunal de Xustiza da UE declara que a recollida "xeral e indiscriminada" de datos só está xustificada para combater o crime. En abril soubemos que os funcionarios da oficina de inmigración do país levaban desde 2013 hackeando teléfonos e computadores das perosas refuxiadas e solicitantes de asilo.


Catalunya contará cunha ferramenta para denunciar on line abusos policiais

DENUNCIA, TRANSMISIÓN E BANCO DE DATOS

Catalunya contará cunha ferramenta para denunciar on line abusos policiais

Un sistema de rexistro, comunicación e alerta de casos de violencia institucional (Sirecovi) permitirá a vítimas, persoas próximas e organizacións sociais informar online sobre casos de torturas e malos tratos de funcionarios públicos e vixiantes privados en Catalunya. As denuncias serán comunicadas a entidades nacionais e internacionais de protección dos dereitos humanos.


As persoas cegas e xordas necesitarán autorización para casar

ÚLTIMA REFORMA DO CÓDIGO CIVIL

As persoas cegas e xordas necesitarán autorización para casar

"Se algún dos contraentes [de matrimonio] estiver afectado por deficiencias mentais, intelectuais ou sensoriais, esixirase polo Secretario xudicial, Notario, Encarregado do Rexistro Civil ou funcionario que tramite a acta ou expediente, ditame médico sobre a súa aptitude para prestar o consentimento". Así ficará redactado o art. 56 do Código Civil após a última reforma.


Pregunta no Congreso sobre extradición irregular do Reino de España a Marrocos

CONDENADA POR ORGANISMOS DA ONU

Pregunta no Congreso sobre extradición irregular do Reino de España a Marrocos

O pasado 15 de decembro, o deputado Aitor Esteban Bravo (EAJ-PNV) formulou pregunta ao goberno sobre a extradición de A.A. a Marrocos  o 14 de decembro de 2010 a pesar do grave risco que existía de ser sometido a tortura e das serias reservas do Comité contra a Tortura e o Comité de DD.HH. da ONU, que condenou posteriormente o Reino de España por esta extradición.