Un manifesto de solidariedade cos ’19 de Meirás’ suma apoios desde diferentes países

247 ANOS DE CÁRCERE E MEDIO MILLÓN DE EUROS DE MULTA

Un manifesto de solidariedade cos ’19 de Meirás’ suma apoios desde diferentes países

Promovido por unha vintena de nomes da política, a sociedade e a cultura galegas, recibiu xa o apoio de eurodeputados de diferentes países, músicos como Lluis Llach ou Valtonyc, actores como Willy Toledo e representantes como o vicepresidente do Parlamento Europeo, Dimitris Papadimoulos.“Defender a democracia, a liberdade, a xustiza e a dignidade colectiva non é apenas un dereito, senón unha obriga”, comeza o Manifesto en apoio a acción dos 19 de Meirás.


A AN recoñece ‘erros’ na sentenza dos mozos de Altsasu e rebaixa unha das penas

NON É O ÚNICO, HAI OUTROS MÁIS'

A AN recoñece ‘erros’ na sentenza dos mozos de Altsasu e rebaixa unha das penas

Segundo o auto de esclarecemento, a Sección 1ª do Penal da AN recoñece que na fundamentación xurídica da sentenza sinalou que debía ser imposta unha pena de 2 anos de prisión por cada un dos 3 delitos de lesións a que foi condenado Abad -un do 8 mozos acusados de agredir 2 gardas civís e as súas parellas en Altsasu en 2016- aínda que finalmente foi condenado a 3 anos de cárcere por cada un. Agora rebaixa de 13 a 10 anos de prisión a pena imposta e corrixe outros erros.


Deportados a Marrocos os dous activistas rifeños que pediran asilo en España

LEVABAN EN GREVE DE FAME 10 DÍAS

Deportados a Marrocos os dous activistas rifeños que pediran asilo en España

O Ministerio de Interior levou a cabo na mañá do 20 de xuño a deportación dos dous mozos do Rif que estaban no CIE de Aluche aos que antes denegara a solicitude de asilo. O movemento popular Hirak denunciou que ambos abandonaron as instalacións en que levaban a cabo unha greve de fame que hoxe chegaría ao seu día 11. O cortexo de Interior diríxese a Melilla, desde onde debe producirse a entrega ás autoridades marroquinas.


Prisión por sedición e atentado para un dos detidos polos incidentes no despexo da Insumisa

EN QUE RESULTARAN FERIDAS VARIAS ACTIVISTAS

Prisión por sedición e atentado para un dos detidos polos incidentes no despexo da Insumisa

A xuíza enviou a prisión de maneira provisoria unha das persoas detidas onte na secuencia dos incidentes do 23 de maio na Coruña. Acúsao de delitos de atentado e lesión -agravados por uso de instrumento perigoso- e de sedición “por se alzar tumultuariamente contra os axentes alí destacados”. As penas poderían chegar até os quince anos de cárcere. O segundo detido ficou en liberdade ao non ser posíbel imputarlle ningún acto de violencia específico.


Lisboa: Manifestação contra a separação de crianças migrantes nos EUA

21 DE JUNHO - ÀS 19:00 NA PRAÇA LUÍS DE CAMÕES

Lisboa: Manifestação contra a separação de crianças migrantes nos EUA

O mundo teve conhecimento da existência de campos de detenção junto à fronteira entre os EUA e o México, onde há pelo menos 2.000 crianças imigrantes, sem qualquer possibilidade de contacto com as súas famílias. O maior controlo das fronteiras e separação das crianças de pais e mães tem como objetivo a disuassão do fluxo migratório, algo que os promotores desta iniciativa qualificam como sendo “um ato cruel e de flagrante violação de direitos humanos.”