Ministerio de Defensa subvenciona e cede instalacións a revista franquista

"COLABORA CUN OBXECTIVO PROPIO DO DEPARTAMENTO"

Ministerio de Defensa subvenciona e cede instalacións a revista franquista

A Ministra de Defensa opina que a Asociación de Militares Españois (AME), coñecida pola súa apoloxía do franquismo, “colabora cun obxectivo propio do departamento como é a difusión da Cultura de Defensa”, polo que lle concedeu axudas de case 5.000 € para proxectos nos últimos anos e lle permíte dispor gratuitamente dun local de 40 m2 -luz, teléfono e medios informáticos a cargo do ministerio- situado nun edificio oficial do Exército de Terra.


Asistencia espiritual católica a militares españois custa ao erario 26.133 € en 2017

CONVENIOS CON SETE DIOCESE E O OPUS DEI

Asistencia espiritual católica a militares españois custa ao erario 26.133 € en 2017

O BOE da pasada terza feira recolle os convenios do Ministerio de Defensa con sete diocese e o Opus Dei para pagar os “estipendios” derivados da asistencia católica aos militares españois de 2017. En total 26.133 € dos fondos públicos. As Arquidioceses de Madrid, Sevilla e Santiago de Compostela, as Dioceses de Canarias, León e Málaga, así como a Prelatura da Santa Cruz e Opus Dei foron as que conseguiron estes “convenios de colaboración” co Ministerio.


As asneiras do conselleiro de Melilla após a morte de dous menores

"QUE OS PAIS VIÑESEN ANTES E NON POLO CADÁVER"

As asneiras do conselleiro de Melilla após a morte de dous menores

Daniel Ventura, Conselleiro de Benestar de Melilla, deféndese das mortes de dous menores tutelados en centros de acollemento da cidade atacando as familias, os propios falecidos, os partidos da oposición e o activista José Palazón ( Asociación Pro Derechos de la Infancia). O clima de tensión que respira a cidade após a morte dos dous menores en poucos días deu un paso máis cando foron coñecidas as últimas declaracións do conselleiro de Benestar.


Coronel da Garda Civil condenado por torturas ameaza votantes do 1-O

"IREMOS PORTA POR PORTA"

Coronel da Garda Civil condenado por torturas ameaza votantes do 1-O

Estes días Manuel Sánchez Corbí, coronel da Garda Civil, está moi presente nos medios por ser o xefe do dispositivo que achou o corpo de Diana Quer grazas aos datos aportados por unha moza de Boiro que se resistiu ao ataque do suposto asasino. O coronel foi un dos xefes policiais das operacións contra ETA e en 1997 foi condenado por torturas a un detido en Basauri no ano 1992. Aznar indultouno e tanto os gobernos do PP como os do PSOE continuaron confiando nel.


Prisións de New Jersey: prohibido libro sobre encarceramento masivo de persoas pretas

A NOVA SEGREGACIÓN RACIAL NOS EUA

Prisións de New Jersey: prohibido libro sobre encarceramento masivo de persoas pretas

Hai tempo que as cadeas dos EUA prohiben libros que as institucións consideran perigosos para a seguranza do centro. Prohibir manuais de elaboración de armas ou de técnicas de fuga pode ter certa lóxica. Mais dous penais de New Jersey, como mínimo, foron máis alá e prohibiron tamén o esclarecedor libro de Michelle Alexander sobre o encarceramento masivo de persoas pretas nos EUA: The New Jim Crow: Mass incarceration in the Age of Colorblindness.