Expulsión de dúas mulleres de piscina municipal por levar traxe de baño completo

RAZÓNS DE "HIXIENE" E "INCOMODIDADE DOUTROS USUARIOS"

Expulsión de dúas mulleres de piscina municipal por levar traxe de baño completo

Dúas mulleres foron expulsadas da piscina do Centro Deportivo Municipal ‘Antonio Prieto'(Granada) por vestiren traxe de baño completo, apesar da normativa o permitir. Os responsábeis do centro alegaron razóns de hixiene e incomodidade dalgunha outra usuaria. Todo isto apesar de o Concello ter xa esclarecido que está autorizado o uso deste tipo de prenda despois dun incidente similar acontecido no pasado mes de setembro.


Fascistas e antifascistas: impunidade versus dureza punitiva

DELITOS E AGRAVANTES DE ODIO

Fascistas e antifascistas: impunidade versus dureza punitiva

“Cada 12 de outubro reúnense partidos fascistas e nazis en Barcelona e sempre hai 4 ou 5 agresións a compañeiros e compañeiras, alén das que nin sabemos”, explica Éric, un dos mozos antifascistas que irán a xuízo o próximo mes de novembro sob acusación de agrediren seis fascistas no bairro de Sants o 12 de outubro de 2013. El e 5 persoas máis pasaron 72 horas en comisaría -o máximo fora da lexislación antiterrorista-. Unha delas 3 semanas en prisión preventiva.


Preguntan sobre obstáculos a visitas a persoas presas de colectivos solidarios de axuda

NOMEADAMENTE NO C.P. DA LAMA (PONTEVEDDRA)

Preguntan sobre obstáculos a visitas a persoas presas de colectivos solidarios de axuda

O pasado 4 de outubro, Alexandra Fernández Gómez, deputada do grupo Unidos Podemos-Em Comú Podem-En Marea, rexistrou pregunta ao Goberno sobre os obstáculos postos ás visitas de grupos de axuda a persoas presas. En particular, no C.P. da Lama e en relación aos voluntarios da Asociación para a Defensa dos Presos Concepción Arenal, a que a dirección nega dereitos de visita recoñecidos por lei e exercidos sen problemas durante anos.


Procedementos penais contra axentes por supostos delitos vinculados ao tráfico de droga

CANDO GARDA CIVIL E POLICÍA NACIONAL PASAN DA RAIA

Procedementos penais contra axentes por supostos delitos vinculados ao tráfico de droga

A peza humorística publicada por El Jueves na sección de noticias falsas co título “La contínua presencia de antidisturbios acaba con las reservas de cocaína en Cataluña” é unha sátira. Mais o xornal La Directa quixo facer un repaso das múltiplas causas xudiciais instruídas durante o último ano contra axentes dos corpos policiais do estado por supostas connivencias con redes de tráfico de cocaína, haxixe e marihuana. Unha realidade pouco visíbel mediaticamente, mais que existe.


Docente da Universidad Autónoma de Madrid impede estudante examinarse con veo

"COMO PROFESOR DE DEREITOS HUMANOS NON PODO PERMITILO",

Docente da Universidad Autónoma de Madrid impede estudante examinarse con veo

“Logo após comezar, o profesor achegouse a min e díxome que se quería facer o exame tiña que tirar o veo”, así conta Hana a experiencia que tivo hai unhas semanas durante unha avaliación na Universidade Autónoma de Madrid. A explicación que lle deu o docente, con quen xa experimentara unha situación similar en xuño, foi que temia que copiase. Hana aceptou e tirou o veo para poder presentarse á proba, mais asegura terse sentido mal.