O grupo de rock Rokavieja multado por corear nun concerto “moita policía, pouca diversión”

XUIZ RATIFICA SANCIÓN DE 375 EUROS AO VOCALISTA

O grupo de rock Rokavieja multado por corear nun concerto “moita policía, pouca diversión”

Corear a consigna da banda vizcaína Eskorbuto “Mucha policía, poca diversión” custou ao cantor do grupo yeclano Rokavieja, Liborio Ruiz, unha multa do concello da localidade de 375 euros, sanción que agora ratifica o xuiz do Contencioso-Administrativo núm. 2 de Murcia. O grupo alega que corearon a frase cando observaron a desproporcionada forza con que os axentes municipais reduzian un mozo que asistía ao concerto e non tería máis de 18 anos.


Multas de 601 euros a traballadores de piquetes da folga de metal de xuño e xullo

TAMÉN DENUNCIAN ACOSO POLICIAL E TRATO DISCRIMINATORIO

Multas de 601 euros a traballadores de piquetes da folga de metal de xuño e xullo

Traballadores do sector da industria metalúrxica que participaron na folga convocada polas centrais CC.OO., CIG e UGT nos meses de xuño e xullo deste ano foron sancionados con multas que chegan aos 601 euros por, alegadamente, atiraren petardos diante das instalacións de diferentes empresas do Polígono do Tambre (Compostela) e aos pés doutros traballadores, prática esta habitual e inofensiva na actuación dos piquetes de folguistas.


Soldados israelís tentan arrestar tres nenos nun campo de persoas refuxiadas

VÍDEO DA XORNALISTA VASCA ANE IRAZABAL

Soldados israelís tentan arrestar tres nenos nun campo de persoas refuxiadas

A xornalista Ane Irazabal estaba no pasado sábado gravando unhas imaxes dentro do campo de persoas refuxiadas de Aida, en Belén, cando inesperadamente irromperon no lugar soldados israelís e tentaron arrestar tres nenos palestinos que xogaban preto do muro. A xornalista vasca compartiu nas súas redes sociais un vídeo, no que en algo menos de tres minutos, recóllese os intensos e dramáticos momentos vividos no acampamento.


Gravam agente da Brigada de Segurança Cidadá de València esbofeteando umha viandante

NOM TERIA GOSTADO DA RESPOSTA DA CIDADÁ À SUA AMEAÇA

Gravam agente da Brigada de Segurança Cidadá de València esbofeteando umha viandante

Um agente policial foi gravado dando um bofetom a umha mulher numha rua do bairro de Orriols (València) por, ao parecer, nom ter gostado da sua resposta a umha ameaça do policial. O vídeo tornou-se viral no fim de semana e forom muitas as persoas que pedirom explicaçons sobre os feitos ao ministro do interior, Juan Ignacio Zoido. Finalmente o policial foi identificado como membro da Brigada de Segurança Cidadá prestando serviço no turno de noite.


Petição pela libertação de Ahed Tamimi e das crianças palestinianas presas por Israel

CAMPANHA INTERNACIONAL

Petição pela libertação de Ahed Tamimi e das crianças palestinianas presas por Israel

Ahed Tamimi foi presa durante a noite, em Nabi Saleh, na Cisjordânia, por militares israelitas que atiravam sobre o seu primo Mohammed de 14 anos. Ahed, assim como as crianças palestinianas presas, corre sérios riscos de sofrer maiores humilhações e brutalidade, enquanto não for libertada. Desde os 7 anos que Ahed luta pela liberdade e protagonizou um vídeo, que se tornou viral, onde se vê a sua resistência e tentativa de esbofetear um militar israelita.