O abuso das cloacas – José Antich

O avogado Gonzalo Boye foi posto en liberdade sen medidas cautelares de ningún tipo pola xuíza da Audiencia Nacional María Tardón, após unha declaración duns vinte minutos. O avogado fora chamado a declarar por lavado de capitais vinculado ao narcotráfico. Unha acusación grave que, á vista da decisión xudicial, tiña moi pouca consistencia mais que, no entanto, si conseguiu o efecto perseguido: clonar o teléfono de Boye, dispor de acceso ao seu correo electrónico e minar a súa reputación como letrado.


JOSÉ ANTICH

O estado de dereito reducido a cinzas

Un xuízo á disidencia política encadrado nun acto de rebelión e cuxos deputados teñen acima das cabezas a decisión última que adopte o Parlament. Así de sinxelo e así de cruel. E así de difícil. Europa déixaos en liberdade, e o Parlament ten que suspendelos?


JOSÉ ANTICH

Valtònyc: novo fracaso da política española

O rapero Valtònyc fica en Bélxica e en liberdade. Tampouco no seu caso a xustiza española conseguiu, por agora, que a euroorde emitida pola Audiencia Nacional teña efecto algún. No caso do cantor, ademais, a euroorde de extradición era por terrorismo, algo do todo estrafalario cando do que se está falando é do texto dunhas cancións.