Sete axentes da policía española provocaron graves desordes nun bar do bairro do Born, Barcelona. Segundo explica a RAC1, na pasada segunda feira á noite os propietarios chamaron os Mossos para denunciar agresión e destrozos no local. Cando chegou a policía, descubriron que eran axentes españois fora de servizo. Dous dos policías españois, segundo testemuñas presenciais, estaban bébedos ou, mesmo, ‘algo mais’. Desde o momento en que chegaron ao bar berraron, increparon os clientes e faltaron ao respecto aos empregados, que falaban italiano. Os axentes creron que falaban catalán e esixíronlles que o fixesen en castelá.

Ao final da noite, os policías españois negáronse a pagar as consumicións e despois pediron unha última roda. Os empregados, que querían fechar o local, negáronse a servirlles e os axentes reaxiron con violencia. ‘Somos a puta lei aquí en Barcelona! Fechades e abrides cando o dicimos nós!’, dixo un axente, tal como explica un dos empregados.

 

Foi nesa altura que un policía agrediu o empregado e comezou o sarillo. O outro traballador do bar acudiulle e os policías comezaron a partir botellas e a ameazalos cunha banqueta, un deles desde detrás da barra.

 

Cando chegaron os Mossos, os axentes españóis insultáronnos chamándolles ‘ratas’ e ‘putos cataláns’. Despois queixáronse de que os empregados lles roubaran dous teléfonos, que apareceron no chan. Os propietarios do local denunciarán os feitos por danos e ameazas.

Fonte: VilaWeb