Dezasete anos de prisión. Esta é a pena a que se enfrontan seis antifascistas que irán a xuízo no próximo mes de novembre. A fiscalía de delitos de odio de Barcelona impútalles danos e lesións a un grupo de neonazis o 12 de outubro de 2013 no bairro de Sants. Un dos ultras agredidos foi Isidro Cano, que fora condenado a catro anos de prisión por atacar cun cótel molotov a casa dunha familia magribí e espancar un dos seus membros até a morte en Sant Vicenç de Castellet (Bages) no ano 2002.

 

Este é o punto de partida do documentario 12 de outubro. Cultura do odio e lexítima autodefensa que a produtora barcelonina Metromuster presentou o 14 de outubro nos cinemas Girona. Despois de debullar o caso 4-F no documentario Ciutat Morta, as realizadoras apostan agora por por o foco no fascismo, a cultura do odio e as súas consecuencias.

Nun momento en que a presenza da extrema dereita reaparece nas rúas, tal como demostran os recentes incidentes protagonizados pola ultradereita en Barcelona ou as agresións e ameazas fascistas durante a diada do 9 de outubro en València, este documentario procura abrir o debate alén da condena sen paliativos de calquera tipo de violencia, reflectindo sobre a lexitimidade da acción directa para facer fronte ao fascismo.

_A narración xira á volta de tres eixos principais: os mesmos feitos acontecidos o 12 de outubro do ano 2013, a historia colonialista e racista que xustifica a celebración do ‘Día da Raza’ e a utilización da figura legal do delito de odioi para perseguir antifascistas. Para iso, o documentario conta coas voces de activistas, académicos e avogadas. Daniela Ortiz, Manuel Delgado, Judith Butler ou Grada Kilomba son algunhas das persoas que interveñen no filme para desmascarar o racismo implícito que exite no sistema actual e que lexitima a impunidade fascista.

 

 

 

O xuízo contra as seis antifascistas terá lugar os días 11,  12 e 29 de novembro da Cidade da Xustiza de Hospitalet de Llobregat, e xa está en marcha a campaá Todas somos antifascistas para reclamar a libre absolución das persoas procesadas.

Artigo publicado en La Directa (13/10/2017)