Non ser obxecto de tortura. Un direito que non permite matices

JORGE DEL CURA

Non ser obxecto de tortura. Un direito que non permite matices

Jorge del Cura é un histórico da loita contra a tortura e pola dignidade dos presos no Estado español. A súa mobilización política arrinca coa execución de Salvador Puig Antich en Barcelona, no ano 1974, condenado a garrote vil pola morte dun policía nun xuízo militar irregular e sen garantías. Con vinte e cinco anos Puig Antich convertíase na vítima expiatoria coa que o réxime franquista quería amosar firmeza nun momento en que estaba ferido polo asasinato de Carrero Blanco.


Se Israel ataca a nosa resistencia será só pacífica

ANTON GÓMEZ-REINO

Se Israel ataca a nosa resistencia será só pacífica

Fala dende algún porto grego e faino ás présas. A presión que Israel está a exercer para evitar que a Frotiña da Liberdade II poida facerse ao mar rumbo a Gaza estalles a xerar traballo extra aos activistas que dende hai semanas preparan a expedición humanitaria. “Hai unha guerra moi forte para que non poidamos saír de porto”, asegura Antón Gómez, un dos cinco activistas galegos que participa na expedición.


“Netanyahu non ten intención de chegar a un acordo”

ANTÓN GÓMEZ (TONE)

“Netanyahu non ten intención de chegar a un acordo”

Os colectivos galegos Esculca, Fuga en Rede e Pallasos en Rebeldía protagonizaron onte un acto de protesta e informativo sobre a situación en Palestina durante a conferencia que o ex ministro de Exteriores israelí Shlomo Ben Ami pronunciou no CGAC. Antón Gómez, membro de Esculca e activista, asegura que o acto tiña tamén coma obxectivo informar sobre a campaña de boicot e desinvestimentos lanzada contra o Estado de Israel.