“Netanyahu non ten intención de chegar a un acordo”

ANTÓN GÓMEZ (TONE)

“Netanyahu non ten intención de chegar a un acordo”

Os colectivos galegos Esculca, Fuga en Rede e Pallasos en Rebeldía protagonizaron onte un acto de protesta e informativo sobre a situación en Palestina durante a conferencia que o ex ministro de Exteriores israelí Shlomo Ben Ami pronunciou no CGAC. Antón Gómez, membro de Esculca e activista, asegura que o acto tiña tamén coma obxectivo informar sobre a campaña de boicot e desinvestimentos lanzada contra o Estado de Israel.