“Xuíces e xuízas deixamos bastante que desexar na investigación e prevención da tortura”

“Xuíces e xuízas deixamos bastante que desexar na investigación e prevención da tortura”

Amaya Olivas é maxistrada do Xulgado do Social nº12 de Barcelona e, cando non está inmersa no traballo derivado dos procedementos que conduce, dedica o seu tempo á defensa dos dereitos humanos e forma parte do secretariado de Xuíces para a Democracia. Sempre deixa un espazo para a autocrítica. Lembra o maxistrado José Ricardo de Prada, que o pasado mes de abril levantou a alfombra para descubrir unha das realidades máis silenciadas no Reino de España.