“Demostrouse que a liberdade de expresión non cabía tan facilmente nunha Constitución como a española”

J. SALUTREGI - DIRECTOR DO EGIN

“Demostrouse que a liberdade de expresión non cabía tan facilmente nunha Constitución como a española”

 

Jabier Salutregi, exdirector de Egin, saíu da prisión de Burgos o pasado 29 de outubro tras cumprir unha condena de sete anos e seis meses por pertenza a banda armada -nun primeiro momento a Audiencia Nacional impuxeralle unha pena de doce anos-. Salutregi foi o único director dun xornal encarcerado na Unión Europea e o último xornalista preso no Estado español. Asegura que nunca recibiu unha directriz de ETA e que se limitou a exercer o seu labor xornalístico.

Que lle pasou pola cabeza cando soubo que o condenaban a doce anos de prisión?