“A tortura é ilegal e inmoral e a CIA mente”

FRANCO LUCATINI

“A tortura é ilegal e inmoral e a CIA mente”

 

 

 

 

En xaneiro de 2015, o Comité de Intelixencia do Senado de Estados Unidos deu a coñecer un relatorio sobre utilización sistemática da tortura por parte da CIA en centros clandestinos de detención durante a administración de George Bush. Un par de días despois, Juan Méndez, relator especial da ONU contra a tortura e outros tratos crueis, inhumanos ou degradantes, cumpriu 70 anos.


Ano e medio en prisión por un caso que non chegou sequera a xuízo

Ano e medio en prisión por un caso que non chegou sequera a xuízo

Pitu é un xornalista navarro que pertence a Ahotsa.info. Veciño de Noain mais natural de Iruñea, pasou ano e medio en prisión preventiva polo seu labor xornalístico na páxina Apurtu.org. Despois de pagar a fianza que lle impuxeron recobrou a liberdade, nun caso que finalmente non chegou a xuízo e acabou arquivado pola Audiencia Nacional española.

 

 

 

Que facías antes da túa detención en xaneiro de 2011?


“O 4F non é un caso illado, hai estruturas que permiten que isto aconteza impunemente”

XAVIER ARTIGAS

“O 4F non é un caso illado, hai estruturas que permiten que isto aconteza impunemente”

Leva unha camisola do movemento post-porno "en homenaxe a Patri", afirma mentres conversamos no bar O 13 de Compostela e follea a banda deseñada que recolle a revista El Jueves sobre Ciutat Morta, o documentario que co-dirixe xunto a Xapo Ortega. Con voz pausada e apurando o almorzo, Xavier Artigas debrúzase para Sermos Galiza sobre o contido do filme e a historia das persoas que o protagonizan. Un relato de torturas, impunidade, dun proceso xudicial sen garantías, racismo, clasismo, homofobia e a fotografía dunha cidade morta creada "para ser consumida".