Relatórios desde a sombra: Da tortura e a morte da Justiça

GARETH PEIRCE

Relatórios desde a sombra: Da tortura e a morte da Justiça

Neste feixe de ensaios devastadores, Gareth Peirce analisa a corrupçom dos princípios e as práticas legais que acompanhou a “guerra contra-terrorista” nos EUA e o Reino Unido. Explorando os poucos casos de tortura que saírom à luz, como os dos prisioneiros de Guantánamo Shafiq Rasul e BinyamMohamed, Peirce argui que estes casos som a prova de umha arraigada cultura de impunidade entre os que se ocupam de investigar os membros, nacionais ou residentes, da comunidade británica musulmana, o novo colectivo suspeitoso no Reino Unido.


Terrorismo humanitário

DANILO ZOLO

Terrorismo humanitário

“Creo que convén acrescentar unhas liñas para actualizar esta colección de ensaios que foi publicada en 2009, en primeira edición italiana. Como verán os leitores, a tese central que defendo é a seguinte: as guerras que desencadearon as poténcias ocidentais nos últimos vinte anos -da Guerra do Golfo de 1991 à guerra contra o Afeganistán, que ainda continua- non foron lexitimadas polo direitos nen polas instituicións internacionais.


José K torturado

JAVIER ORTIZ

José K torturado

José K é un terrorista. Un despiadado criminal que puxo unha bomba nunha praza ateigada de xente, que foi detido pola policía –que sabe da existencia das bomba mais non da sua ubicación. A única forma de que non se produza unha matanza brutal é que José K explique onde está a bomba e que o faga logo. Ese é o dilema moral que trata Javier Ortiz no seu monólogo teatral. É o que lle serve de medidor da oposición á tortura.


Alén de lealdades tribais

AVIGAL ABARBANEL

Alén de lealdades tribais

Existe a crenza, moi estendida, de que todas as persoas de relixión xudaica adheren ao sionismo e prestan o seu apoio a Israel, confundíndose deliberadamente identidade relixiosa e ideoloxía politica. Por iso os xudeus e as xudías que critican Israel ou cuestionan o sionismo son a miúdo vítimas de exclusión, insultos e mesmo ameazas. Se expresan simpatia polas reivindicacións do pobo palestino, esas persoas corren o risco de ser consideradas traidoras e acusadas de apoiar os inimigos de Israel.


Quando o Mundo Ilegalizou a Guerra

DAVID SWANSON

Quando o Mundo Ilegalizou a Guerra

No seu último livro, When the World Outlawed War, David Swanson conta a história de como o potente movimento pacifista dos anos 20 conseguiu umha vitória notável: a assinatura do Pacto Kellogg-Briand (também conhecido como Pacto de Paris) que estipulava a renúncia à guerra como instrumento de política nacional.