Fi hadrat al-ghiyab (En presenza da ausencia)

MAHMUD DARWIX

Fi hadrat al-ghiyab (En presenza da ausencia)

Cando naceu Mahmud Darwix, en 1941, o seu mundo aínda existía. Sete anos máis tarde foi destruído, ao instaurarse o Estado de Israel en Palestina. A sua aldea natal, Ao-Birwa, foi unha das case seiscentas que os colonizadores arrasaron para a substituir por un kibutz e unha moshaw. Algúns dos seus habitantes partiron aos campos de refuxiados de Sabra e Chatila e outros ao Líbano, entre eles o poeta e a súa familia.


Relatórios desde a sombra: Da tortura e a morte da Justiça

GARETH PEIRCE

Relatórios desde a sombra: Da tortura e a morte da Justiça

Neste feixe de ensaios devastadores, Gareth Peirce analisa a corrupçom dos princípios e as práticas legais que acompanhou a “guerra contra-terrorista” nos EUA e o Reino Unido. Explorando os poucos casos de tortura que saírom à luz, como os dos prisioneiros de Guantánamo Shafiq Rasul e BinyamMohamed, Peirce argui que estes casos som a prova de umha arraigada cultura de impunidade entre os que se ocupam de investigar os membros, nacionais ou residentes, da comunidade británica musulmana, o novo colectivo suspeitoso no Reino Unido.


Terrorismo humanitário

DANILO ZOLO

Terrorismo humanitário

“Creo que convén acrescentar unhas liñas para actualizar esta colección de ensaios que foi publicada en 2009, en primeira edición italiana. Como verán os leitores, a tese central que defendo é a seguinte: as guerras que desencadearon as poténcias ocidentais nos últimos vinte anos -da Guerra do Golfo de 1991 à guerra contra o Afeganistán, que ainda continua- non foron lexitimadas polo direitos nen polas instituicións internacionais.


O asasino do láser

GELLERT TAMAS

O asasino do láser

Agosto de 1991. Suécia está imersa nunha grave crise económica, feito que alguns partidos e grupos de extrema direita aproveitan para organizar unha agresiva campaña contra a imigración. No meio deste ambiente de racismo, incertidume económica e violéncia, producen-se na cidade de Estocolmo unha série de tentativas de asasinato de carácter xenófobo.


Ainda somos humanos

VITTORIO ARRIGONI

Ainda somos humanos

O xornalista italiano Vittorio Arrigoni foi testemuña do ataque de Israel a Gaza hai agora pouco mais de un ano, onde colaborou en actividades de auxílio a feridos e desde onde informou o mundo através das suas crónicas.
O seu libro, escrito en forma de diário, permite acompañar a esteira de asasinatos e as reaccións das xentes de Gaza  durante aquel mes apocalíptico.