Para acabar con todas as guerras. Unha história de lealdade e rebeldia

ADAN HOSCHSCHILD

Para acabar con todas as guerras. Unha história de lealdade e rebeldia

Alén do relato dos horrores e imbecilidades que xa coñecíamos, [To end all wars]contén un catálogo preciso de alguns dos homes e mulleres que conservaron a lucidez en meio a aquela pavorosa deméncia, que se negaron a se deixar levar pola corrente, que resistiron con un heroísmo sen recompensa, sen esperanza, isolados na multitude dos celebrados da guerra, perseguidos, caluniados, submetidos à infámia e en muitos casos ao cárcere.


The Srebrenica Massacre: Evidence, Context, Politics

EDWARD S. HERMAN / PHILLIP CORWIN

The Srebrenica Massacre: Evidence, Context, Politics

Libro-informe fruto da pesquisas do Grupo de Investigación sobre Srebrenica, que estuda un  dos mais controvertidos episódios da história recente. O texto deita luz sobre os elementos obxetivos necesários para a mellor comprensión dos feitos, os seus desencadeantes e consecuéncias. Oferece a história non contada e provas da actuación de todas as partes. Unha valoración ben documentada da traxédia de Srebrenica e do sofrimento de todos os povos da antiga Xugoslávia.


A era do guerreiro

ROBERT FISK

A era do guerreiro

“Precisamos a guerra? Precisamo-la tal como precisamos ar, amor, fillos e seguranza? pergunto-me”. Robert Fisk propón esta e outras interrogantes desde a trincheira do Próximo Oriente, onde exerce como correrspondente de prensa desde hai mais de trinta anos.


A alianza de Europa con Israel

DAVID CRONIN

A alianza de Europa con Israel

No seu libro, o xornalista David Cronin descreve de maneira pormenorizada as relacións do Estado de Israel con a Unión Europea e a OTAN e pon ao descoberto a hipocrisia da Europa, que afirma ser unha forza neutral favorável aos direitos mais elementares do povo palestiniano encanto aceita e apoia implicitamente a ocupación dos territórios de Palestina.


El judío errado

ALBERTO PRADILLA

El judío errado

Alberto Pradilla conxuga no seu libro a investigación, o rigor xornalístico e a experiéncia persoal para chamar a atención sobre un dos pilares do conflito arabo-israelita: o próprio Estado de Israel.