No 30 de novembro de 2017, Lewys Alfaro Orraca, de 29 anos, esganouse na cela núm. 208 estando en réxime de isolamento, en Brians I. A familia ficou inmersa nun mar de preguntas que no centro penitenciario non contestan. Máis unha vez, os impactos psicolóxicos dos Departamentos Especiais de Réxime Fechado fican en evidencia, tal como denuncian diversas organizacións de dereitos humanos. O de Lewys é un dos oito suicidios que, segundo a Dirección Xeral dos Servizos Penitenciarios, se produciron nas prisións catalás dudrante o 2017.

Pasadas as nove da noite soou o teléfono. No outro extremo, un funcionario de Brians I deulles a notícia. Lewys Alfaro Orraca, de apenas 29 anos, suicidárase na cela de isolamento número 208. A súa irmá Leisy e a nai Juana Bárbara ficaron en estado de shock e con preguntas candentes durante toda a noite. Pensaban que no día seguinte ás dez da mañá, cando as citaran no centro penitenciario, poderían resolver as dúbidas, mais non houbo respostas.

Lewys nacera en La Habana, desde había once anos vivía en Torrassa, no Hospitalet, e os últimos cinco meses pasáraos no cárcere por un furto, á espera de ser xulgado. Nunca máis sairía, ainda que en máis dunha ocasión tivese proxectado recomezar e acariñase o fillo de cinco anos no vis-à-vis. No pasado 30 de novembro, nun momento indeterminado entre as catro e as seis da tarde, esganouse cun lenzol que atou na xanela da cela. É un dos oito suicidios que, segundo a Direccion Xeral dos Servizos Penitenciarios, se produciron nas prisións catalás durante o ano 2017. Desde que comezou o 2018 até o mes de marzo, xa se suicidaron dúas persoas. As cifras no entanto non están desglosadas para podermos saber cantas tiraron a vida en réxime de isolamento, como Lewys.

 

No pasado 30 de novembro, nun momento indeterminado entre as catro e as seis da tarde, esganouse cun lenzol que atou na xanela da cela. É un dos oito suicidios que, segundo a Direccion Xeral dos Servizos Penitenciarios, se produciron nas prisións catalás durante o ano 2017

 

Un dos nove centros penitenciarios con módulos de Departamentos Especiais de Réxime Fechado é o de Brians I, unha prisión que é foco de denuncias por maltrato, algunhas chegaron ao Grupo de Traballo do Parlamento de Catalunya no ano pasado. Tamén diversos internos denunciaron as condicións extremas de isolamento, que a mesma auditoría da Generalitat de 2016 certificou ao observar que se incumpría o regulamento polo que di respecto, por exemplo, ás horas de patio, e onde detectou ‘condutas irregulares’ dos funcionarios. Así mesmo, o Observatori del Sistema Penal i Drets Humans de Barcelona (OSPDH), recibiu diversas denuncias por maltrato inflixido por funcionarios do DERF do centro penitenciario de Brians I.

No mesmo día en que a familia de Lewys fixo público o seu caso nun acto organizado por Irídia e o colectivo Akelharre en Hospitalet, celebrábase o xuízo polo suicidio de Raquel E.F tamén en Brians, en abril do 2015, despois de pasar máis de medio ano en isolamento.

Leisy di que sabe pouco do isolamento, mais lembra que despois de o seu irmao estar recluído durante unha semana no mes de xuño -segundo o expediente, por non obedecer as ordes dun funcionario e darlle unha bofetada- dixéralle nunha visita que ‘non tería de voltar alí nunca máis’. Mais tivo de voltar despois dunha inspección na súa cela, onde encontraron ‘substancias tóxicas’ -unha pedra de haxixe, segundo o mesmo recluso-, xusto no día que tiña un vis-à-vis co fillo e a súa ex parella.

Voltou a unha cela en que podía pasar até 21 horas ao día fechado, onde saía unha única vez ao patio e onde non podía recibir pacotes do exterior nin produtos do economato. A 208, como todo o resto, ten unha cama, un lavatorio no lado dereito da porta de entrada, unha mesa e unha xanela na parede, xusto en cima da mesa. Desa xanela, como fixera Raquel, pendurouse Lewys.

 

Resultado de imagem para lewys alfaro orraca birans II

Lewys, de PD, unha das súas aficcións

 

Cando xa había horas que morrera o seu irmán, puideron por fin sentarse diante dun funcionario de prisión para saber o que pasara. O que se facía chamar xerente en funcións de mando de incidencias díxolles: ‘son cousas que pasan’, lamenta Leisy. Coa porta aberta e tránsito de persoas por detrás, é moi difícil encaixar todo. ‘Eu díxelle ‘por favor, díganos algo’; vinno o sábado e Lewys non tiña problemas psiquiátricos’, lembra a nai. Viaxara para poder visitalo na prisión e lémbrao sereno, tranquilo e alegre. Foi a primeira e a derraderia visita da nai ao fillo no cárcere de Brians. ‘Podía sentir medo dalgúns funcionarios. Quen coñece Lewys sabe que estaba un chisco acolloado alí dentro’, expresa Juana Bárbara Orraca.

 

 

Dous días antes do suicidio, segundo indica a prescripción, Lewys comezou a tomar Tranxilium, media unidade cada día, e Quetiapina NORMON, dúas unidades por día. O último fármaco pertence ao grupo de medicamentos denominados antipsicóticos

 

A familia pediu falar coa asistente social que coñecía Lewys e talvez podería dar algunha resposta, mais que se presentou foi a responsábel de programas de traballo social, que non o tratara directamente. A familia tamén preguntou se o medicaban por algunha razón que descoñecesen e o funcionario, aseguran, respondeu que non. Non aplicaron ningún protocolo, porque nada facía prever o que acabou pasando, comunicáronlles. A informacion contradi a folla de medicación incluída no expediente. Dous días antes do suicidio, segundo indica a prescripción, Lewys comezou a tomar Tranxilium, media unidade cada día, e Quetiapina NORMON, dúas unidades por día. O último fármaco pertence ao grupo de medicamentos denominados antipsicóticos. O que de momento non ten nin a familia nin Irídia, que leva o caso, é o laudo médico que xustifique esa medicación, que tamén se evidenciou nunha primeira autopsia.

Agora mesmo, explican en Irídia, a información é parcial, mais esperamos conseguila completa cando interpoñamos a reclamación administrativa. O propósito da entidade é evidenciar tamén a situación de estigma e de revitimización que viven os familiares das persoas presas e, neste caso, de quen perde unha persoa sob custoria. A familia de Hospitalet, máis de sete meses despois, ainda non entende o que pasou e a nai asegura con determinación que dedicará o que lle resta de vida a sabelo e evitar que volte pasar.

A Coordenadora para a Prevención e a Denuncia da Tortura (CPDT) nun relatorio específico sobre o isolamento penitenciario en Catalunya publicado no 2016 alertaba dos efectos fisiolóxicos, psicolóxicos e psiquiátricos graves, incluída mesmo a alienación mental severa, insómnio, confución, alucinacións e psicose

A Coordenadora para a Prevención e a Denuncia da Tortura (CPDT) nun relatorio específico sobre o isolamento penitenciario en Catalunya publicado no 2016 alertaba dos efectos fisiolóxicos, psicolóxicos e psiquiátricos graves, incluída mesmo a alienación mental severa, insómnio, confución, alucinacións e psicose. ‘O isolamento carcerario’, subliñaban, ‘está relacionado tamén cun alto número de condutas suicidias’.

Na primavera de 2017, cando Lewys estaba a punto de entrar en prisión, en Catalunya había 150 persoas internas en réxime de isolamento, un 1,7% da populación prisional, e ao longo do 2018, a cifra elevouse a un total de 2.156 persoas. Amais dos organismos internacionais, o mesmo Mecanismo Catalán para a Prevención da Tortura do Sindic de Greuges, nun relatorio de 2016, mostrábase partidario de restrinxir o isolamento a situacións disruptivas ou de inadaptación que estiveren fundamentadas de maneira absolutamente rigorosa e individualizada.

Máis unha vez, infelizmente, con outra morte sobre a mesa, Irídia quer cuestionar e acabar co réxime de isolamento. Lewys, cando só levaba cinco días no DERF, decidiu tirar a vida, unha evidencia crua do que comporta un réxime tan estrito. Entre os escritos de prisión, hai unha nota do xoven, que agora tería 30 anos: ‘a dor é temporal, o horror é eterno’.

Gemma Garcia | @gemma_g_fabrega

Fonte: Directa