As imaxes determinan que o tiro foi disparado cunha traxectoria directa e a unha distancia inferior aos quince metros. Nas próximas semanas tería que coñecerse a identidade do axente que premeu o gatillo.

 

As acusación explicaron que fixeran chegar aos Mossos d’Esquadra unha petición por escrito en que solicitan fagan un ‘croquis’ de como se produciu a carga policial que se investiga e que axentes do CNP participaron.  Victor Serri

 

Cinco testemuñas explicaron diante do xuiz de instrución 7 de Barcelona como foi a actuación dos antidisturbios da Unidade de Intervención Policial (UIP) do Corpo Nacional de Policía (CNP) española que terían mutilado o veciño de Barcelona Roger Español no pasado1º de outubro nas proximidades da escola Ramon Llull do Eixample. Un xornalista, dous cámaras, un observador da rede Som Defensores e unha veciña do Eixample -que estaba no portal onde socorreron a vítima- deron pormenores de como foi disparada a bola de goma e dos momentos anteriores e posteriores ao incidente.

 

O xornalista de La Directa que grabou os feitos “relatou con moita clareza o momento en que o axente carrega a arma e dispara de forma directa e recta ao grupo de xornalistas”.

 

O xornalista de La Directa que grabou os feitos -o vídeo é unha das probas fundamentais da causa- “relatou con moita clareza o momento en que o axente carrega a arma e dispara de forma directa e recta ao grupo de xornalistas”. Naquel momento e nalquel punto da rúa Sardenya, no lateral esquerdo, o que hai nomeadamente é prensa, xornalistas con acreditación, algun/has con cámaras grandes, brazalete ou peto”, explicou a avogada Anaïs Franquesa nos corredores da Cidade da Xustiza.

“Esta testemula detallou como se disparou a unha distancia reducida, di que a unha distancia inferior a quince metros. Achegáronse imaxes en que se ve a detonación e onde se pode ver a ausencia de disturbios e de lanzamento de obxectos, non había situación de perigo para os policías”, acrecenta Franquesa, avogada da acusación particular que exerce en nome do Centre per la Defensa dels Drets Humans Irídia, presente na sala de vistas xunto con Laia Serra, que representa a acusación popular por parte do Concello de Barcelona.

 

 

Unha segunda persoa que estaba ao pé da vítima cando caeu ao chan afirmou que non só se efectuou o disparo contra Español, senón que despois, cando estaban atendéndoo, e sangraba, os policías dispararon máis dous tiros, e as persoas presentes levantaron as mans e gritaron “basta, basta, que estamos atendéndoo”. Unha das testemunhas concretiza que instantes máis tarde houbo que atender outra persoa ferida por unha bola de goma na perna. Sorprendentemente, apesar da transcendencia do caso, o procurador non estaba presente nas declaracións. “Non debe parecerlle relevante”, dixo Franquesa en tono de desaprobación do comportamento do ministerio público.

En relación á instrución da causa, as acusacións explicaron esta mañá que fixeron chegar aos Mossos d’Esquadra unha petición por escrito en que demandan que se faga un ‘croquis’ de como se produciu a carga policial que investigada e que axentes do CNP participaron. “Ficou claramente determinado cal é o axente que disparou, mais ainda non temos o seu número de identificación. O máximo comandante é UC50 e o segundo é UC51, os dous presentes no momento dos feitos, e forman parte da unidade CAMEL dos antidisturbios” avanzaron as avogadas.

Jesús Rodríguez

Fonte: La Directa