O garda civil Manuel Anxo Sánchez Corbi, xunto a José María Das Cuevas Carretero e a Antonio García Lozano, foi sentenciado pola Audiencia de Bizkaia en 1997 a 4 anos de cárcere e 6 de inhabilitación por maltratar un cidadán vasco durante a súa detención en Basauri o 29 de xaneiro de 1992. Un ano despois, o Tribunal Supremo español reduciu a condena de cárcere a 12 meses, mais mantivo a sanción que o apartaba do corpo. Nunca se fixo efectiva xa que, en 1999, a ministra de Xustiza durante o primeiro mandato de José María Aznar, Margarita Mariscal de Gante, indultó os tres axentes.

Fonte: Insurgente