A concelleira da CUP en Barcelona Maria Rovira ratificouse esta quinta-feira ante o xuíz na súa acusación aos Mossos d’Esquadra pola alegada execución ” extraxudicial” dos supostos terroristas que atentaron en Barcelona e Cambrils (Tarragona), tal e como dixo durante un pleno municipal no pasado mes de setembro. Rovira declarou como investigada por un suposto delito de inxurias e calumnias ás forzas de seguranza.

 

Imputada una concejal de la CUP por acusar a los Mossos de "ejecutar" terroristas

 

A concelleira contestou unicamente as preguntas do xuíz e da defensa. Á saída do xulgado, Rovira defendeu o seu discurso ante o pleno, en que tamén acusou a Garda Urbana de Barcelona de ser “o brazo executor do racismo institucional” polas actuacións policiais contra os manteiros.

Tamén indicou que coas súas palabras quería “pór sobre a mesa” o debate sobre “un modelo policial que garanta os dereitos humanos”, xa que, lembrou, os sete supostos terroristas abatidos polos Mossos despois de atentaren en agosto en Barcelona e Cambrils, “non foron detidos nin tiveron dereito a un xuízo xusto”. “Entendemos que a pena de morte non é unha opción”, dixo.

Fonte: El Diario