A Comisión, formada por expertas e expertos que avalían a situación dos estados e vixilan cada cinco anos se os membros aplicaron ou non as súas recomendacións, tamén sinala que o Consello para a Eliminación da Discriminación Racial ou Étnica (CERED), creado polo goberno español no ano 2009, ‘non é independente, non ten unha infraestrutura propia e cesou practicamente todas as actividades” polo que demandan a creación dun organismo realmente eficaz. A demanda non é nova. No seu cuarto relatorio, ano 2011, xa recomendaran tomar esta medida despois de constatar que a ECRI non cumpría os requisitos mínimos.

 

Resultado de imagem para comissao europeia contra o racismo

 

Racismo e discurso político

A Comisión Europea contra o Racismo e a Intolerancia (ECRI) insta o goberno español a crear un organismo forte independente para combater o racismo, adverte da presenza de discursos xenófobos na esfera política española e cita como exemplo as declaracións de Albiol que asociaban abertamente migrantes romenos e ciganos coa delincuencia. “Tamén vinculou a pobreza, a desocupación e a falta de seguranza coa llegada de inmigrantes e o terrorismo islámico”, di o relatorio.

 

 

 

Racismo e policía

Avisa tamén que, ainda que no estado español existen preconceitos -en particular sobre os musulmáns, os ciganos e as persoas LGTB-, as estatísticas da policía sobre os delitos motivados polo  odio ‘non proporcionan unha visión realista do alcance deste tipo de delitos’. Segundo explican, as estadísticas policiais caracterízanse pola notificacion ‘insuficiente’ e polas ‘incoherencias’ na recompilación de datos. Alén diso, critican, non están vinculadas de forma ‘suficiente’ coas estatísticas xudiciais. Por estes motivos, o Consello de Europa recomenda ás autoridades españolas ‘intensificaren’ as súas actividades para velar polo ‘bo funcionamento dun sistema para o rexistro e vixilancia de incidentes racistas, homofóbicos e transfóbicos, así como o grao en que son calificados de delitos de odio.

Racismo e cortes no orzamento

O relatorio tamén avisa que por causa dos ‘drásticos’ cortes orzamentarios, a posta en práctica da estratexia de loita contra o racismo foi ralentizada e foron adoptadas ‘poucas medidas’ desde o ano 2015 para prevenir o racismo e o discurso de incitación ao odio. Aseguran que, embora non se trate dun discuro ‘habitual’ no relato político predominante, os grupos de extrema dereita ‘contribuíron enormemente á xenofobia, a homofobia e a transfobia’. Alías, o relatorio lembra que, apesar de a ‘recente memoria’ do franquismo ter ‘endurecido’ a sociedade contra o extremismo, a chamada Plataforma per Catalunya conseguiu obter concelleiros en 40 concellos cataláns e que o número de investigacións contra os grupos ultra multiplicáronse entre o 2009 e o 2012, pasando de 11 a 39.

 

Resultado de imagem para policia española identificaciones perfil racista

 

TAMÉN A ONU PEDE ACABAR CO RACISMO POLICIAL

O racismo cotián que padecen determinados colectivos no Reino de España tamén foi posto en causa na pasada segunda feira por un grupo de expertos en Dereitos Humanos da ONU de visita no estado para ‘verificar en primeira man’ a discriminación que sofre a populación afrodescendente.

“A invisivilidade e a discriminacion racial cotiá agravan o sofrimento dos afrodescendentes e minimizan o seu dereito lexítimo á ‘igualdade’, concluíron despois de viaxar a varias cidades do estado entre o 19 e o 26 de febreiro. ‘Necesítanse urxentemente vontade política e compromiso no máis alto nível’, defende Sabelo Gumedze, presidente do Grupo de Traballo sobre Afrodescendentes.

O grupo constatou así mesmo a ‘discriminación por perfis raciais’ que vive a populación afrodescendente no Reino de España, por exemplo, cos controis policiais racistas. ‘En repetidas ocasións, o grupo de traballo escoitou testemuños de como é costume parar desproporcionadamente os afrodescendentes en controis de identidade pola rúa, nos portos e no transporte público, en comparación con outras etnias’, comentan. O grupo de traballo presentará un relatorio coas súas recomendacións ao Consello dos Dereitos Humanos da ONU no próximo mes de setembro.

Fonte: VilaWeb e El diario