O presidente do Grupo de Estados Contra a Corrupción (GRECO) do Consello de Europa, Marin Mrčela, avisa o Reino de España que se os estados non fan caso dos estándares marcados polo organismo hai “risco” para a independencia xudicial. E é que o estado español non implementou de todo ningunha das once recomendacións do GREGO para prevenir e facer fronte á corrupción entre deputados, xuíces ou fiscais. “O que queren é eliminar a posibilidade de a política influenciar o sistema xudicial”, explica Mrčela en declaracións à ACN.

 

Resultado de imagem para conselho de europa

 

Segundo o relatorio anual do grupo anticorrupción,  feito público nesta quinta feira, o estado español mantense entre os que non cumpren o procedemento de prevención da corrupción e categoriza a implementación das recomendacións como “globalmente insatisfactoria”. De feito, o Reino de España é o único estado, xuntamente coa Bélxica, que non implementou completamente ningunha das recomendacións feitas nos últimos cinco anos. “O máis importante na loita contra a corrupción é a vontade política”, lembra o presidente do grupo anticorrupción.

Mrčela sinala en relación coa avaliación do marco lexislativo que goberna o Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) que a vontade é “ver que a maioría dos xuíces son escollidos por xuíces”. Para o croata, non há de haber xuíces escollidos por políticos nin “persoas que son colocadas polo Parlamento ou o Executivo”. “Sabemos que hai moitos xuíces de alto nivel profesional na España, non temos ningunha dúbida, mais estamos falando de estándares e prevención”, matiza.
No que di respecto ás recomendacións sobre parlamentares, Mrčela explica que van na liña de adoptar un código de conduta para deputados e “aspectos relacionados coa prevención da corrupción”, como por exemplo conflitos de intereses, obsequios ou intereses financeiros.

Quatro recomendacións non implementadas

Das once recomendacións ao estado español, catro non sen sequera comezaron a ser postas en marcha, feito que sitúa o Reino de España enre os dez estados cun número máis alto de inacicón, encanto que sete foron cumpridas parcialmente. Xunto co Reino de España e na categoría de cumprimento “globalmente insatisfactorio” das recomendación hai tamén oito estados máis: Bélxica, Hungría, Irlanda, Luxemburgo, Portugal, Romenia, Serbia e Turquía. O relatorio do GRECO valora o estado da corrupción en toda Europa e os Estados Unidos ao longo do ano 2017, destacando tendencias e exemplos así como datos por países. Durante a presentación do relatorio, o presidente do grupo sinalou que 2017 foi un ano “obscuro”.

O Consello de Europa é unha organización internacional formada por 47 estados e con sede en Estrasburgo. O seu obxectivo principal é a defensa e protección da democracia, o estado de dereito e os dereitos humanos, en particular os civis e políticos.

Fonte: El Nacional