O tribunal da Unión Europea emitiu onte [24.07.2018] unha sentenza histórica que avala que Irlanda non acepte unha demanda polaca por unha euroorde porque os tribunais polacos non son hoxe por hoxe nin independentes nin democráticos. A sentenza, de feito, vai máis alá e establece toda unha serie de condicións que cada estado membro da Unión tería de cumprir para poder afirmarse que a súa estrutura xudicial é democrática e independente.O tribunal asinala que compre que os tribunais exerzan as súas funcións de maneira totalmente autónoma, á marxe de intervención e presións externas, e que compre que sexan imparciais, o que implica manter unha distancia igual entre as partes nos procedementos e os seus respectivos intereses. Iso, no estado español, non se respecta, como ficou manifesto durante a instrución do xuiz Pablo Llarena do xuízo contra o goberno de Catalunya.Ainda máis. O comunicado continúa dicindo que ‘estas garantías de independencia e imparcialidade requeren normas, en particular canto á composicón dos tribunais e o nomeamente, a duración do servizo e os motivos de abstención, rexeitamente o cesamento dos seus membros”. Novamente, España non pasa o baremo que o alto tribunal europeo marca como límite democrático.

E para acabar de o aquelar, o tribunal lembra que ‘o requisito de independencia tamén significa que o réxime disciplinar que rexe os seus membros ha de ter presentes as garantías necesarias para evitar calquera risco de ese réxime ser utilizado como sistema de control politico do contido das resolucións xudiciais’.

A sentenza coñecida onte é moi importante e, ainda que faga referencia especificamente a Polonia, o feito de definir un sistema xudicial independente pon na mira sistemas como o español, que fallan completamente.

A tentativa de definir o que é a independencia xudicial ten un sentido que me resulta particularmente ambivalente, por triste: simplesmente, non debería ser definida. Porque temos que supor que todos os estados membros da Unión Europa, sen necesidade de que ninguén llo lembre desde o alto, terían de funcionar así.

Mais aquí reside, precisamente, a importancia´extrema da sentenza. A Unión Europea recoñece finalmente que no seu interior hai países, estados, que xa non son democráticos ou que non cumpren os preceptos democráticos que os mesmos tratados europeos reclaman para incorporarse á Unión. E iso muda completamente o xogo.

Por unha parte, porque a Unión terá de pensar seriamente que fai nestas circunstancias. Non é tolerábel que, para entrar, sexan esixidos un requisitos que cando se está dentro xa non valen. Mais sobretodo, a sentenza abre a mente a respecto dos abusos contra os dereitos civis non só da Polonia sinón de máis estados, no caso que nos interesa máis, de España.

Cando o estado español reclamaba aos outros que a euroorde contra os exilados fose atendida sen discusión, facíao defendendo a tese de as xustizas europeas seren homologábeis entre si. Mais despois das bofetadas belga e alemá a Llarena, a sentenza do máis alto tribunal europeo de onte fecha defintivamente o debate. Porque di aos xuíces que non se fien automaticamente dos seus colegas dos outros estados e que tomen as decisións respectando a democracia e os dereitos, non o poder dos estados. E iso, á vista de todo o que vivimos precisamente nós, é un paso avante -de feito, unha orde- moi e moi importante.

 

 

 

 

 

 

Vicent Partal e Txell Partal

Fonte: VilaWeb (25/07/2018)