Á forza, a sociedade catalá aprendeu estes últimos -e obscuros- meses toda unha serie de cuestións penais e penitenciarias que até ese momento só as persoas do gremio xudicial coñecían. Grazas, esta vez si, a tantos medios de comunicación que levaron aos seus faladoiros a avogados, catedráticos de Dereito, etc. fomos facendo noso un mundo que para moitos era totalmente descoñecido e que, ademais, moita xente sempre pensou que todo o do cárcere e dos xulgados era algo dos outros.

 

 

Esta formación colectiva debe ser celebrada, á vez que o é o proceso -tamén colectivo- de sensibilización cara ao mundo de que falaba: o da prisión. Seguramente centos de millares de persoas sentíronse indignadas, ou polo menos acharon que era inxusto, que unhas familias tivesen de ir ver os seus familiares por centos de quilómetros, que estas familias fosen inspeccionadas, que se amoestase alguén simplesmente por aproveitar unha chamada persoal desde o cárcere para facer unha entrevista, que un preso poida estar 18 horas ou máis fechado na cela ao longo do día e un longo etcétera onde coincidiriamos en que a prisión rouba unha serie de dereitos que van alén da simples privación de liberdade .

Infelizmente, esta sensibilización colectiva de que falaba veu por unha cuestión moi concreta: o encarceramento dos nosos políticos. Converténdoos así en presos políticos, por moito que alguén poida negalo.

Debería facernos reflectir, contodo, como é que o cárcere e as súas variabeis, as que hai décadas que existen e que en Cataluña afectaron durante os últimos anos perto de 9.000 persoas, só comezaron a importar agora. Por que a xente non se preocupou antes do que pasa nos cárceres?

Seguramente, e agora non será grazas aos medios de comunicación, crearon no imaxinario social unha sensación de inseguranza global que hai que combater e os políticos axudaron aprobando normativas, moitas veces aprobadas en quente, para dar resposta a unha sociedade con sede de vinganza ante casos concretos e horribeis ou ante ameazas terroristas dentro do mesmo país até hai pouco ou a nivel internacional desde o 11S. Por todo iso parece que dentro dos cárceres están os seres máis indesexabeis e perigosos e que unha vez fechados non deberían poder voltar saír nunca máis.

A realidade, dentro dos muros, é bastante distante. Non vou facer agora unha análise sociopolítica das persoas encarceradas, mais dando catro datos poderedes facer unha idea de quen hai alí dentro ( Datos do ano 2017, publicadas polo Departamento de Xustiza ):

  • Das 8.367 persoas encarceradas 41% sonno por delitos contra o patrimonio e a orde socioeconómica (furtos, roubos ?), o 29,5% por delitos violentos (lesións, homicidios…), o 17,5% por delitos contra a saúde pública (tráfico de drogas) e o 12% restante por outros delitos.
  • Das 8.367 persoas encarceradas só 573 son mulleres (6,8%).
  • O 56,7% das persoas presas teñen nacionalidade española, o 7% son estranxeiras de países da UE e o 36,3% son estranxeiras non comunitarias.

E agora que xa temos os presos aquí e que todo o mundo sabe que Catalunya é a única Comunidade Autónoma con competencia, sería un bo momento para aproveitar o interese colectivo no mundo dos cárceres e comezar a revisar tantas cousas que até agora interesaran moi poucos.

 

 

Porque con nosas propias leis na man os presos políticos só terán, e no mellor dos casos e se levan ben (o cárcere é condutismo puro e duro), 40 minutos semanais de chamadas cos seus familiares e amigos; comerán e cearán o mesmo cada 15 días; se necesitan comprar algo no economato da prisión terán que pagar un prezo superior ao que o mesmo produto custaría nun supermercado da rúa; se algún deles levase a cabo unha conduta contraria á orde establecida dentro podería acabar castigado, podendo chegar ao extremo de estar un mínimo de 3 meses seguidos nunha cela de isolamento, encerrado 18 horas ao día (até hai pouco eran 21, ver: https://www.media.cat/aillament/); se chegasen a ser condenados e non recoñecesen o delito non poderían saír nunca de permiso e cumprirían a condena enteira; e se todo isto non nos gusta demasiado, tampouco nos debería gustar cando afecta os presos que non consideramos políticos. Aínda que se pensamos quizais moitos tamén o serían vistos doutras perspectivas, mais iso xa sería cuestión doutro artigo.

Porque, e para terminar homenaxeando Nelson Mandela, unha nación non debe xulgarse por como trata os seus cidadáns mellor situados, senón por como trata os que teñen pouco ou nada. E se moitos estaremos de acordo que o encarceramento e a xudicialización do conflito catalán nunca será a solució, por qué deberíamos pensar que o cárcere será a solución á violencia, os roubos ou ao tráfico de drogas?