As Forzas Armadas entrarán nas aulas de Primaria nun proxecto de 240 páxinas, conforme ao pacto acordado  entre os ministerios de Educación e Defensa en decembro de 2015. Aínda que o proxecto arrancou naquela altura, os departamentos tardaron máis de dous anos en publicar o primeiro rascuño completo, que consta de 10 temas.

 

Portada de la unidad didáctica elaborada por Educación y Defensa para introducir contenidos sobre seguridad en colegiosCapa da Unidade Didáctica elaborada polos ministerios de Defensa e Educación

 

Entre as actividades recollidas nesta unidade, destaca a proposta musical de cantar nas aulas o pasodoble de La Banderita ou que escoitar e marcar o compaso do himno da Armada. Esta última letra versa sobre a “gallardía española“.

“Por ti, Patria, por ti sola mi vida a los mares dí, por tí al peligro ofrecí mis obras y pensamientos ¡en la Rosa de los Vientos me crucifico por tí!“, é parte do fragmento que recolle este guía e que o alumnado de Primaria terá de escoitar ao tempo que traballa sobre un musicograma. “Hay que morir o triunfar, que nos enseña la Historia en Lepanto la Victoria y la muerte en Trafalgar”, recolle tamén este himno.

 

Fragmento de la letra del himno de la Armada incluido en una actividad                                         Fragmento da letra do himno da Armada incluído nunha actividade

 

Doutra banda, o pasodoble que se incorpora nesta unidade didáctica tamén versa sobre o sentimento patriótico. “El día que yo me muera si estoy lejos de mi patria, solo quiero que me cubran con la bandera de España“, é parte da estrofa sobre a que proxectan que se marque o “compaso con paso de marcha”. Nesa actividade pretenden alumnas e alumnos cheguen a formar “una bandera de España” levantándose a colocar un tapón vermello ou amarelo no centro do círculo.

“A Policía Nacional, a Garda Civil e as policías autonómicas velan para que os delincuentes e terroristas non poñan en perigo os nosos dereitos”, detalla o Executivo sobre este contido escolar, “as Forzas Armadas actúan para evitar os riscos e as ameazas á nosa seguranza que se orixinan no exterior ou en circunstancias excepcionais”.

 

Una actividad sobre el pasodoble de La banderita incorporado en las unidades de Primaria que ha elaborado Educación y Defensa         Unha actividade sobre o pasodobre da banderita incorporado nas unidades de Primaria que elaborou Educación e Defensa

 

En 2015 no acordo asinado polo exministro Pedro Morenés e Íñigo Méndez de Vigo apuntaron “que a posta en marcha do currículo das materias de Valores Sociais e Valores Éticos, requiriu o desenvolvemento dos seus contidos” para profesores e estudantes para así contribuíren “a mellorar o coñecemento que os menores e mozos teñen sobre a seguranza da defensa de España”.

Contodo, agora o Ministerio de Defensa esclarece que este contido non vai ser incorporado de forma obrigatoria no temario destas materias. “É unha suxestión de proposta para que os centros, se o estimaren oportuno, utilicen para semanas temáticas que versen sobre as Forzas Armadas ou apoien o contido de Valores”, apuntan fontes do Ministerio. Pola súa banda, desde o departamento de Méndez de Vigo non se pronunciaron sobre este asunto.

O Centro Nacional de Innovación e Investigación Educativa (CNIIE), organismo dependente de Educación, foi o encarregado de elaborar estas unidades didácticas. Tamén están a traballar nun contido para os estudantes de Secundaria.

Ademais, prevén explicar aos mozos en que consiste a Unidade Militar de Emerxencias (UME) e cal é o seu papel nas Forzas Armadas como un elemento que apoia as administracións e os cidadáns “en situacións especiais: seguranza, catástrofes e incendios”.

Algúns dos contidos que recolle este acordo xa estaban contemplados nas materias deseñadas pola LOMCE como alternativas á Relixión, Valores Éticos (Secundaria) e Valores Sociais e Cívicos (Primaria). Segundo explicaban no documento, estes dous ministerios queren que con estas medidas os mozos adopten unha “posición activa” e se incentiven os estudos de investigación sobre temas de seguranza e defensa.

O dez unidades do Coñecemento da Seguridade e Defensa en Primaria
Convivimos todos Respecto e respéctanme

Os soldados e os mariñeiros. O meu equipo

A defensa ao servizo da paz no mundo

Ameazas que poñen o perigo os nosos valores

Non teño medo, protéxenme

Os símbolos nacionais

Traballan para axudarme Imos de misión!

As Forzas Armadas e forzas e corpos de seguranza de España

Laura Galaup / Raúl González

Fonte: El Diario